Actividades

  • Promocionará a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ e o seu club de produto.

 

Do 7 ao 9 de marzo, ExpoCoruña acollerá unha nova edición de BioCultura A Coruña, evento de referencia sobre consumo ecolóxico e turismo sostible. Neste contexto, o Clúster Turismo de Galicia estará presente cun espazo expositivo no que dará a coñecer as súas iniciativas para promover un turismo responsable e aliñado cos principios de sostibilidade.

 

Dentro da súa participación, o Clúster promocionará a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ e o seu club de produto, unha iniciativa clave para a promoción da comunidade como destino de calidade, responsable e diferenciado.

 

Ademais de ser un escaparate para o turismo sostible, BioCultura A Coruña 2025 reunirá a empresas, produtores e profesionais do sector ecolóxico nunha feira que aposta por un estilo de vida máis saudable e respectuoso co medio ambiente. A gastronomía ecolóxica, o turismo responsable e as iniciativas de desenvolvemento sostible serán algúns dos eixos desta edición, que contará con expositores, relatorios e actividades orientadas a concienciar sobre a importancia de minimizar o impacto ambiental en todos os ámbitos.

 

Neste sentido, a feira ofrecerá un programa de actividades paralelas onde se abordarán temas clave como a conservación da contorna ou a ecogastronomía. Tamén se poñerá en valor a riqueza dos espazos naturais de Galicia, destacando o seu potencial para un turismo que dá prioridade á autenticidade e á sostibilidade.

 

BioCultura A Coruña 2025 consolídase como un punto de encontro para profesionais e viaxeiros comprometidos cun turismo que respecta a contorna, fomenta a economía local e pon en valor o patrimonio natural e cultural galego.

18 de Febreiro de 2025

O Clúster participará en BioCultura A Coruña 2025 impulsando o turismo sostible

Promocionará a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ e o seu club de produto.   Do 7 ao 9 de marzo, ExpoCoruña acollerá unha nova edición de […]
18 de Febreiro de 2025

Galicia e o norte de Portugal reforzan a súa cooperación turística con mesas de traballo transfronteirizas

Terán lugar o 26 de febreiro en Portugal e o 27 de febreiro en Galicia.   Os próximos 26 e 27 de febreiro celebraranse mesas de […]
11 de Febreiro de 2025

Medra o interese do sector turístico galego pola mobilidade eléctrica: máis de 40 empresas xa solicitaron propostas para a instalación de puntos de recarga

O acordo entre Clúster e ME Renewing facilita ás empresas do sector a instalación de puntos de recarga enerxética. O acordo entre o Clúster de Turismo […]
04 de Febreiro de 2025

O Clúster Turismo de Galicia e ECO-ONE colaboran para facilitar aos hoteis galegos a compravenda de mobiliario

Grazas ao acordo entre as entidades, os establecementos de aloxamento poderán vender o seu mobiliario excedente e adquirir pezas a outros hoteis, promovendo a economía circular […]