Actividades

  • As sesións, centradas nos mercados de Estados Unidos e Canadá, desenvólvense do 15 ao 18 de abril en Monterrei, California.

Galicia está presente no Spain Tourism Summit 2024. Galiwonders, Pilgrim, Tee Travel, Pambre Tours e Viajes Interrías son as cinco empresas galegas que participan esta semana, do 15 ao 18 de abril, nas xornadas de apoio ao turismo en Monterrei, organizadas por Turespaña. Estes encontros márcanse na acción estratéxica de Turespaña co obxectivo de reactivar, incrementar e impulsar a comercialización do sector turístico español nestes importantes mercados emisores, potenciando a oferta con produtos innovadores de gran calidade, referidos á gastronomía, actividades, experiencias e novos atractivos.

 

O evento ofrece unha plataforma única para que os profesionais da industria establezan contactos, aprendan e colaboren. Estas xornadas teñen un dobre obxectivo: continuar co traballo de apoio á comercialización do turismo español que se levou a cabo nas xornadas directas de 2022 en Miami e, ademais, fomentar o coñecemento dos destinos turísticos españois, para aproveitar ao máximo o seu impacto promocional e facer que os produtos, servizos e experiencias turísticas españolas estean dispoñibles no rendible mercado norteamericano.

 

Spain Tourism Summit 2024 busca situar a España como un dos principais destinos turísticos de Europa nos mercados de Estados Unidos e Canadá, destacando a súa calidade, seguridade e compromiso coa sustentabilidade.

 

16 de Abril de 2024

Cinco empresas galegas participan nas xornadas de apoio ao turismo en California, organizadas por Turespaña

As sesións, centradas nos mercados de Estados Unidos e Canadá, desenvólvense do 15 ao 18 de abril en Monterrei, California. Galicia está presente no Spain Tourism […]
16 de Abril de 2024

Xornadas de portas abertas para coñecer a oferta de formación do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

En total realizaranse 10 xornadas de portas abertas para dar a coñecer a oferta formativa do centro a futuros estudantes O Centro Superior de Hostalaría de […]
16 de Abril de 2024

Aberto o prazo para participar nos workshops programados polo Clúster en Sevilla e Lisboa

Un máximo de 26 empresas poderán tomar parte nas actividades que se desenvolverán os días 22 e 23 de maio. Ambas xornadas comezarán cun workshop con […]
19 de Marzo de 2024

Clúster promociona o sector turístico galego nas xornadas de comercialización no mercado asiático, organizadas por Turespaña

As xornadas de comercialización do sector turístico español celebráronse do 11 ao 14 de marzo en Seúl e Toquio. O Clúster mantivo un total de 30 […]