[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

corpus christiA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada, xunto co concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro, de presentar a festa do Corpus Christi de Ponteareas, poñendo así o punto e final a relación de presentacións que acolleu o stand de Galicia en Fitur.

Durante a súa intervención, Nava Castro asegurou que gozar desta festa en Ponteareas é máis que unha experiencia turística. Nesta liña, Nava Castro afirmou que Ponteareas é coñecido a nivel internacional grazas a esta festividade do Corpus Christi que, segundo afirmou, “atrae a miles de turistas de todo o mundo cada ano para contemplar e admirar unha vila convertida en poucas horas nun inmenso tapiz floral”. “Unha chuvia intensa de cores integradas nos tapices que adornan as rúas deste concello galego fan que o seu día grande sexa unha explosión de emocións tanto para os que as confeccionan como para os que acoden con admiración a visitalas”, explicou Nava Castro.

Un traballo levado adiante polos veciños de Ponteareas, segundo destacou o concelleiro da vila e que fan do Corpus unha das cinco Festas de Interese Turístico Internacional de Galicia e a converten nunha das manifestacións culturais máis importantes da nosa comunidade que é mostra da nosa tradición máis arraigada, ao mesmo nivel que a Festividade do Apóstolo Santiago, o Festival de Ortigueira, a Rapa dás Bestas de Sabucedo na Estrada, a Romería Vikinga de Catoira e as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol.

Tuesday February 3rd, 2015

O Corpus Christi de Ponteareas, máis que unha experiencia turística, viaxou a Madrid

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada, xunto co concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro, de presentar a festa do Corpus […]
Tuesday February 3rd, 2015

Firme aposta de Baiona polo turismo de calidade

A responsable de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, participou na presentación de Baiona, un mar de sensaciones, na que afirmou que Baiona é un […]
Tuesday February 3rd, 2015

Area de Santiago estrenó la guía “Turismo gastronómico muy cerca de Santiago” y avanzó una nueva edición de Compostela Gastronómica, esta vez en abril

La amplia y diversa oferta turística del Área de Santiago también tuvo su espacio en la primera jornada de FITUR, en una presentación que contó con […]
Tuesday February 3rd, 2015

Miramos moi atentamente á Ribeira Sacra, que tamén presentou novo material audiovisual

Coa fin de presentar Mírame Ribeira Sacra, iniciativa enfocada a dar a coñecer este espazo de grande riqueza natural, patrimonial e cultural, desprazouse ata Madrid a […]