[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) conclui hoxe a súa participación na Conferencia International Hospitality Research que se celebra no Hospitality Tourism Management Institute en Soerenberg, Suíza, un dos máis prestixiosos centros dedicados á educación na xestión hoteleira e o turismo deste país. Nesta conferencia internacional, que se celebra cada dous anos, son invitadas as máis prestixiosas universidades e escolas de hostalería de todo o mundo.

Nesta ocasión, o Centro Superior de Hostelería de Galicia participa xunto coa Universidade do Ulster, de Reino Unido, e a Steinbeis University Berlin, de Alemaña. Así, a directora do CSHG, Patricia Cuevas, impartirá unha conferencia titulada “Futures, Predictions and Education” que versará sobre as tendencias futuras e modelos educativos nos programas académicos de hostalería. Ademais, o Centro Superior de Hostelería de Galicia organiza un taller específico para alumnos da escola suíza sobre habilidades e competencias que deben desenvolver os futuros líderes na hostalería.

Grazas a iniciativas como esta o Centro Superior de Hostalería de Galicia continúa consolidándose como unha escola de prestixio internacional. Na actualidade, o CSHG é considerado un centro de referencia a nivel internacional na industria turística, grazas ao apoio deste proxecto por parte da Xunta de Galicia e aos máis de 2.000 alumnos que se sumaron a esta iniciativa apostando polo Centro e que hoxe traballan nos hoteis e restaurantes de todo o mundo.

Friday April 24th, 2015

Centro Superior de Hostalería de Galicia participou na prestixiosa conferencia internacional Hospitality Reseach en Suiza

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) conclui hoxe a súa participación na Conferencia International Hospitality Research que se celebra no Hospitality Tourism Management Institute en […]
Thursday April 23rd, 2015

Galicia, a la cabeza en número de casas rurales accesibles

Frente al 17% de casas rurales accesibles en España, nuestra comunidad está a la cabeza en este tipo de establecimientos adaptados para las necesidades de personas […]
Wednesday April 22nd, 2015

Palexco, centro logístico del Maratón Atlántica Coruña 42

Cuatro mil participantes se dieron cita en el Maratón Atlántica Coruña 42, que se celebró el pasado fin de semana en A Coruña, y en el […]
Wednesday April 22nd, 2015

Galicia, comunidade convidada na II Semana gastronómica española en Buenos Aires

Ata este domingo, 16 restaurantes de la capital arxentina acollen a II Semana gastronómica en Bos Aires, unha iniciativa que lles permitirá aos bonaerenses coñecer de […]