Actividades

  • As xornadas desenvolveranse o 19 de xuño (India), o 26 de xuño (Bélxica) e 9 de xullo (China).

TurEspaña organiza nas vindeiras semanas tres xornadas formativas para expoñer á oferta turística española as particularidades dos mercados indio, belga e chinés.

 

A primeira delas, na que se presentará o mercado indio, desenvolverase o vindeiro mércores, 19 de xuño, a partir das 11:30 horas. Nela participarán profesionais da Travel Agent’s Association of India (TAFI) e Thomas Cook (India) Limited. O formulario de inscrición pódese cumprimentar a través da seguinte ligazón.

 

A segunda delas, protagonizada polo mercado belga, desenvolverase o mércores, 26 de xuño, tamén de xeito online. A presentación, que comezará a partir das 16:00 horas, está organizada pola Oficina de Turismo en Bruselas. As inscricións están dispoñibles nesta ligazón.

 

A terceira e última, unha xornada de formación sobre o mercado chinés, terá lugar o martes, 9 de xullo, en Madrid. O evento, coordinado pola Oficina Española de Turismo en Cantón (RP de China), celebrarase de xeito presencial na capital española. Na cita participarán diversos profesionais da industria especializados neste mercado emisor. Desenvolveranse  cinco mesas de debate diferentes e un taller práctico sobre redes sociais en China. As prazas presenciais son limitadas e suxeitas a confirmación previa por parte da organización. Para asistir é obrigatorio inscribirse previamente a través deste formulario de inscrición, tanto para a opción online como para a opción presencial.

 

Para máis información e consultas pódese contactar no correo electrónico jornadas.profesionales@tourspain.es.

11 de Xuño de 2024

TurEspaña organiza tres xornadas formativas para reforzar a oferta turística nos mercados indio, belga e chinés

As xornadas desenvolveranse o 19 de xuño (India), o 26 de xuño (Bélxica) e 9 de xullo (China). TurEspaña organiza nas vindeiras semanas tres xornadas formativas […]
03 de Xuño de 2024

A Semana Verde de Galicia atrae a preto de 81.000 visitantes na súa maior edición en 17 anos

O evento transcorreu durante catro días, unindo negocio e lecer tanto na área expositiva como no programa de actividades. A feira internacional Abanca Semana Verde de […]
30 de Maio de 2024
Primavera Puertas Abiertas Ruta Vino Monterrei

A Primavera de Puertas Abertas 2024 nos Roteiros dos Viños de Galicia avanza cara á súa última fin de semana da man da DO Monterrei

A iniciativa percorreu o resto de rutas do viño durante este mes de maio Os participantes puideron gozar de diferentes actividades enmarcadas no contexto do enoturismo […]
30 de Maio de 2024
Clúster Turismo Galicia Jornadas Inversas Toledo

O Clúster acerca Galicia ao mercado europeo nas Xornadas Inversas en Toledo

O evento acolleu a máis de 70 operadores turísticos de toda Europa O Spain Tourism Summit 2024, celebrado entre o 20 e 23 de maio en […]