[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O programa inclúe máis de 150 horas de formación orientada a profesionais do sector que se desenvolve en 9 cidades galegas

A primeira das xornadas arrinca este xoves en Ourense, un seminario de Xestión Estratética de Empresas do Sector Turístico

O Clúster de Turismo de Galicia (CTG) presentou esta mañá na Cidade da Cultura de Santiago a segunda edición do seu Plan de Formación, que desenvolve durante os meses de outubro e novembro co apoio de IFFE Business School ao abrigo do convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, e que constitúe, en palabras do presidente do Clúster, Francisco González, unha ferramenta para “construír un sector forte e competitivo”, capaz de “ofrecer ao turista unha experiencia única, diferenciada e, sobre todo, profesional e de calidade”.

Francisco González destacou a importancia da formación para impulsar o sector turístico galego, que se atopa “nun proceso de profundo cambio” orientado a “incrementar a nosa competitividade e a internacionalización dos nosos produto”. O presidente do Clúster de Turismo de Galicia subliñou a gratuidade das actividades e o feito de que se desenvolvan en diferentes puntos de Galicia, así como o feito de que permitirán mellorar as competencias dos profesionais en materias como o liderado, a mercadotecnia, a comunicación ou a comercialización.
Na presentación participou tamén Manuel Carneiro, conselleiro delegado de IFFE Business School, que explicou os pormenores do programa. O plan inclúe máis de 150 horas de formación gratuíta a través de diferentes talleres e seminarios en nove localidades galegas. Polo menos 200 profesionais do sector, preferentemente cun perfil directivo, participarán nas accións formativas, para as que está aberta a inscrición.

Formación a cargo de destacados profesionais
O conselleiro delegado de IFFE Business School, Manuel Carneiro, explicou que o panel de relatores conta con coñecidos expertos e profesionais do sector turístico así como con reputados consultores e docentes noutras materias como como Diego Fernández Pérez de Poña, Jorge Vallina Crespo, Clemen Rodríguez, Beatriz Pereira, Xosé Luís Reza, Javier Corrochano, Patricia Cuevas ou Jimmy Pons, entre outros, o que permitirá aos participantes nos talleres adquirir ou mellorar habilidades para falar en público, a análise dun modelo de negocio ou a utilización de bases de datos, cuestións todas elas útiles para potenciar as capacidades do sector turístico.

Calendario de actividades en toda Galicia
O plan de formación inclúe doce xornadas de traballo nas localidades de Ourense, Lugo, Sanxenxo, A Coruña, Monforte de Lemos, Vigo, Ribadeo e Lalín, articuladas en tres Talleres de Habilidades de Comunicación; catro Seminarios de Xestión Estratéxica de Empresas do Sector Turístico e catro Talleres Técnicos, así como un Programa Superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas que se desenvolverá ao longo de máis de dúas semanas en Santiago.
O calendario de actividades, que pode consultarse tanto na web do Clúster de Turismo de Galicia como na de IFFE Business School, arrinca leste mesmo xoves en Ourense cun Seminario de Xestión Estratética de Empresas do Sector Turístico. O mesmo seminario, de oito horas de duración repartidas na mañá e a tarde dunha mesma xornada, repetirase os días 10, 17 e 20 de outubro na Coruña, Monforte de Lemos e Vigo.
Ourense acollerá tamén o próximo día 11 o primeiro Taller de Habilidades de Comunicación, que se repetirá o 2 e 14 de novembro en Lugo e Sanxenxo. Tamén se trata dun programa de oito horas nunha xornada de mañá e tarde.
O plan inclúe ademais cinco talleres técnicos dunha xornada cada un. Sanxenxo acollerá o primeiro o 18 de outubro, sobre “Como vender sempre ao mellor prezo”. En Ribadeo, o 25 deste mes, abordarase “A sustentabilidade e eficiencia na xestión de empresas turísticas”. En Vigo terá lugar outro taller o día 8 de novembro, sobre “Incrementar o negocio a través da análise e estudo de bases de datos”. A Coruña será o 21 do próximo mes o escenario do programa “Aplicación de novas tecnoloxías no sector (e-mercadotecnia)” e Lalín, o día 22, albergará o último taller sobre “Innovación no deseño do produto turístico”.
O calendario complétase co Programa Superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, de 60 horas de duración, que se impartirá en horario de tarde en Santiago de Compostela, do 17 de outubro ao 3 de novembro.
Para coñecer en máis detalle o programa ou ben realizar inscricións pódese visitar a web www.iffe.es/formacion-cluster-turismo-galicia/.

04 de Outubro de 2016

Máis de 200 profesionais participarán no novo programa de formación do Clúster Turismo de Galicia

O programa inclúe máis de 150 horas de formación orientada a profesionais do sector que se desenvolve en 9 cidades galegas A primeira das xornadas arrinca […]
03 de Outubro de 2016

A oferta náutica recreativa galega se dió cita na Feira Grand Pavois de Francia

O recinto feiral francés da Rochelle acolleu unha nova edición da feira especializada en turismo náutico Le Grand Pravois, na que o turismo náutico recreativo e […]
02 de Outubro de 2016

Máis de 30 países aproveitaron a formación impartida en Termatalia México que pechou as súas portas con grande éxito

O Clúster Turismo de Galicia participou con caseta propia, ademais de tomar parte en presentacións de produto e marca Galicia Tras tres días de intensa actividade […]
30 de Setembro de 2016

Máis de 900.000 viaxeiros nun agosto histórico para Galicia

Agosto tamén foi un gran mes para os establecementos extrahoteleros galegos que marcan un incremento medio de 23,6% no número de viaxeiros e 22% no caso […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551
Página siguiente