destacados

A Feira de produtos ecolóxicos, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo en EXPOCoruña, prestará nesta edición unha atención especial ao ecoturismo.

 

Os promotores da Feira de produtos ecolóxicos BioCultura, que se celebrará na Coruña do 4 ao 6 de marzo, decidiron facer nesta nova edición unha aposta polo ecoturismo solicitando para elo a colaboración de entidades como o Clúster Turismo de Galicia. Ás propostas habituais do ámbito da biocultura, o consumo responsable e as alternativas respectuosas co medio ambiente e a saúde, sumaranse este ano outras novas relacionadas co turismo sostible a través da oferta gastronómica e turística de diferentes destinos e a celebración de conferencias e outras actividades sobre patrimonio e cultura. “Queremos ampliar a gama de posibilidades que ofrece ao público a feira. E, falando de Galicia, estaba claro que a aposta segura era polo ecoturismo, pois ‘a esquina verde’ é pioneira e unha gran referencia nese aspecto”, explica Ángeles Parra, directora de Biocultura, feira que se celebra anualmente en Barcelona e Madrid, e cada dous anos en Sevilla, Valencia, Bilbao e A Coruña.

 

Establecementos de turismo rural e hoteis urbanos que enarboran a bandeira da sustentabilidade e os produtos ecolóxicos, así como outros negocios centrados no ámbito da saúde, o benestar e as experiencias na contorna natural estarán presentes no recinto de EXPOCoruña. “Atoparemos actividades que teñan por protagonistas o mundo ecolóxico e o ecoturismo ao unísono, pois é obvio que son universos moi próximos e paralelos: por exemplo, no showcooking atoparemos propostas de gastronomía ecolóxica vinculada ao territorio e a oferta turística; tamén poderemos facer catas de produtos de zonas que podemos visitar e coñecer; e mesmo saborearemos alimentos ecolóxicos coas receitas tradicionais de diferentes zonas galegas e do resto do estado”, apunta Ángeles Parra.

 

Desde BioCultura destacan a boa acollida que está a ter esta aposta por combinar o consumo responsables co ecoturismo. Sinalan como proba diso a colaboración que obtiveron por parte do Clúster Turismo de Galicia e de administracións e entidades como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña e o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Nesta terceira edición de BioCultura Coruña esperan reunir a máis de 150 expositores e ofrecer un número similar de actividades paralelas. A súa previsión é que máis de 13.000 visitantes pasen por EXPOCoruña entre o 4 e o 6 de marzo para coñecer toda as propostas da feira.

17 de Febreiro de 2022

O Clúster colabora con BioCultura Coruña para promover o turismo sostible

A Feira de produtos ecolóxicos, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo en EXPOCoruña, prestará nesta edición unha atención especial ao ecoturismo.   Os […]
15 de Febreiro de 2022

Turexpo Galicia prepara xa a súa undécima edición co obxectivo de revitalizar empresas e destinos

O Salón Turístico de Galicia celebrarase no recinto feiral de Silleda do 2 ao 5 de xuño.   O recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, […]
10 de Febreiro de 2022

Navartur, próximo punto de encontro para o sector turístico

O turismo galego estará presente na Feira Internacional de Turismo Reyno de Navarra, que se celebra en Pamplona do 25 ao 27 de febreiro.   Dúas […]
07 de Febreiro de 2022

Aloxamentos e restaurantes xa poden optar ás novas axudas para a mellora das instalacións

A Xunta destina 2 millóns de euros a esta convocatoria para a modernización do sector turístico.   Aloxamentos turísticos de distinta natureza (hoteis, cámpings, casas de […]