destacados

Autosustentabilidade, glamping e educación ambiental son algunhas das propostas destes aloxamentos turísticos.

 

O cámping converteuse nunha forma moi popular de gozar da natureza e coñecer a contorna galega. Grazas a estes dous aloxamentos con certificado Q de Calidade Turística ligados ao Clúster Turismo de Galicia, os campistas poden gozar desta nunha escapada, á súa vez, responsable co medio ambiente.

 

O Cámping Illa de Ons, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, é o primeiro cámping autosostible de Galicia, que entre a súa oferta dispón dunha nova modalidade para os campistas: o glamping. Un concepto que permite gozar das comodidades dun hotel sen renunciar á clásica acampada ao aire libre. Estas innovadoras tendas de lona son unha gran alternativa para aquelas persoas que queiran gozar da contorna natural sen perder o luxo dun hotel clásico.

 

A Illa de Ons, na que se atopa o cámping, forma parte da iniciativa Starlight, a campaña internacional para a defensa dos ceos nocturnos. Grazas á ausencia de contaminación  lumínica da illa os campistas poden gozar de actividades de observación astronómica con rutas e sesións de observación e aprendizaxe de estrelas.

 

O Cámping Paisaxe II, situado no Grove, presenta outra proposta de turismo sostible, esta vez relacionado cos máis pequenos. Durante as tempadas de verán organizan o  Paisaxe Summer Camp, un campamento multiaventura que vincula á xente nova coa natureza mediante visitas culturais e actividades ao aire libre que fomentan a educación ambiental.

 

Este cámping con Selo Verde, que garante a redución de impactos no medio ambiente, organiza excursións para achegar aos pequenos á fauna e flora de diversas contornas naturais, aprendendo a respectala e protexela. Ademais, ofrece rutas verdes de sendeirismo por diferentes paisaxes do municipio.

07 de Marzo de 2022

Opcións para acampar con compromiso sostible

Autosustentabilidade, glamping e educación ambiental son algunhas das propostas destes aloxamentos turísticos.   O cámping converteuse nunha forma moi popular de gozar da natureza e coñecer […]
06 de Marzo de 2022

A provincia de Pontevedra celebrará o día 17 a súa gran festa do turismo

A Ruta do Viño dás Rías Baixas será investida como embaixadora 2022 na gala organizada pola Deputación.   A Deputación de Pontevedra celebrará o xoves 17 […]
05 de Marzo de 2022

O Camiño de Santiago, unha porta aberta non só a Galicia, senón tamén á mellora do benestar

A investigación do Proxecto Ultreya evidencia os efectos positivos sobre a saúde que produce a experiencia da peregrinación.   Que o Camiño de Santiago é unha […]
01 de Marzo de 2022

Entidades e colectivos turísticos da provincia da Coruña xa poden optar a 1,6 millóns de euros en axudas

A convocatoria anual que acaba de abrir a Deputación está destinada á mellora da calidade e da competitividade e á creación de novos produtos turísticos.   […]