destacados

Nas portas de arranque de Semana Santa, período no que se producirán miles de desprazamentos e no que o turismo arrinca definitivamente a tempada 2018, Galicia Calidade ofrece todo un abanico de posibilidades de aloxamento e restauración, amparados por un selo que referenda a súa calidade, o selo Galicia Calidade Lecer. Trátase dun total de 42 establecementos, entre hoteis, restaurantes, aloxamentos rurais e portos náuticos, que dispoñen por estas datas de diversas ofertas e descontos, axudando así a abrir boca de face ao verán. “É fundamental que os turistas que visitan Galicia e que optan por aloxarse ou degustar a gastronomía galega nos establecementos certificados co selo de calidade vivan unha experiencia única, inigualable, que os anime a volver de novo á nosa Comunidade”, apunta o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro.
Coincidindo con este período vacacional que se aproxima, Galicia Calidade editou en papel e en liña a versión de peto do catálogo do Grupo Lecer, un formato moi práctico para que todo aquel que necesite información sobre os establecementos adheridos poida tela a man en calquera momento. Para facerse cun exemplar, só hai que enviar unha mensaxe privada na páxina de Facebook de Galicia Calidade ou descargala directamente na web www.galiciacalidadelecer.gal

23 de Marzo de 2018

42 establecementos de aloxamento e restauración con selo Galicia Calidade

Nas portas de arranque de Semana Santa, período no que se producirán miles de desprazamentos e no que o turismo arrinca definitivamente a tempada 2018, Galicia […]
22 de Marzo de 2018

Xunta e sector turístico colaborarán esta semana Santa na difusión do novo sistema de acceso a Cíes entre os visitantes

Os viaxeiros deberán solicitar previamente un permiso administrativo, persoal e intransferible, a través da web habilitada a tal fin As directoras de Patrimonio Natural e de […]
20 de Marzo de 2018

A APEHL reune hostaleiros de toda a provincia na súa festa anual

Os profesionais da hostalaría lucense celebraron este ano a súa gala anual en Viveiro, no hotel Val do Naseiro nunha gala na que se fixo entrega […]
19 de Marzo de 2018

A marca Auga de Galicia contribuirá a dar valor á orixe galega e a composición das augas minerais e termais galegas

“A auga é industria, riqueza, emprego e alimento”. Baixo esta máxima presentouse a marca Auga de Galicia nun acto que tivo lugar no balneario Termas de […]