destacados

A feira alemá celebrará o 19 de marzo un evento networking para poñer en contacto a profesionais e provedores de todo o mundo.

 

As consecuencias da pandemia afectan de novo ao desenvolvemento da ITB Berlín. O ano pasado a feira turística alemá optou por celebrar unha edición virtual e nesta ocasión os seus responsables decantáronse por un formato híbrido no que volverá primar o uso das novas tecnoloxías para favorecer a participación e evitar os riscos e condicionantes aínda presentes. Nesta situación, os actos centrais da convención ITB Berlín para os días 8, 9 e 10 de marzo complementaranse o día 17 co ITB Dixital Business Day, unha xornada pensada para “ofrecer aos profesionais e provedores do mercado turístico de todo o mundo a oportunidade de establecer contactos desde calquera parte do mundo”.

 

As empresas galegas tamén estarán presentes nesta actividade do día 17 grazas á intermediación do Clúster Turismo de Galicia, que xestionará e abonará os gastos de inscrición de quen queira tomar parte no networking. Os interesados teñen de prazo ata o xoves 24 de febreiro para poñerse en contacto co Clúster a través do email secretariatecnica@clusterturismogalicia.com indicando o nome da empresa, a dirección e o teléfono, o nome e apelidos do representante da mesma e un email e un teléfono de contacto.

 

Desde a ITB Berlín explican que a xornada ”ofrece aos compradores e provedores que aínda non se beneficiaron dos servizos da feira, a oportunidade de establecer contactos e facer negocios. Céntrase na creación de redes e os negocios e compleméntase con sesións da Convención ITB do programa a demanda”. Os participantes poden proporcionar detalles sobre os seus intereses comerciais, en base aos cales recibirán suxerencias de contactos cos que se reunirán en sesións de audio e vídeo. Ademais, poderán participar en dúas sesións de Speed ​​ Networking dunha hora nas que, en función dos seus intereses, asignaránselles varios compañeiros de reunión.

22 de Febreiro de 2022

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na xornada virtual da ITB Berlín

A feira alemá celebrará o 19 de marzo un evento networking para poñer en contacto a profesionais e provedores de todo o mundo.   As consecuencias […]
21 de Febreiro de 2022

A oferta turística do Camiño de Santiago que aposta pola sustentabilidade

Aloxamentos, actividades e proxectos ligados ao Clúster Turismo de Galicia apostan por dinamizar rutas xacobeas priorizando o coidado e o desenvolvemento da contorna.   O Camiño […]
20 de Febreiro de 2022

O sector turístico galego pechou o 2021 cunha alza do emprego dun 2,2 % con respecto ao último trimestre do 2020

Galicia acabou o ano como a sétima comunidade con máis traballadores ocupados no sector: máis de 107.000.   O reconto de datos do sector turístico do […]
17 de Febreiro de 2022

O Clúster colabora con BioCultura Coruña para promover o turismo sostible

A Feira de produtos ecolóxicos, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo en EXPOCoruña, prestará nesta edición unha atención especial ao ecoturismo.   Os […]