destacados

As axudas, de dous tipos, permitirán sufragar o 80 % ou o 50 % da matrícula no grao de Xestión de Empresas Hostaleiras.

 

O prazo para solicitalas estará aberto ata o 9 de setembro.

 

A Axencia Turismo de Galicia facilitará un ano máis o acceso dos estudantes ao Centro Superior de Hostalería de Galiciaa través un programa de bolsas que permitirá aos beneficiarios sufragar parte dos custos da matrícula. A convocatoria para o próximo curso 2022-23, aprobada a finais do pasado mes de xullo e publicada no Diario Oficial de Galicia del martes 9 de agosto, establece que se poderán outorgar un máximo de 21 bolsas para o primeiro curso do grao en Xestión de Empresas Hostaleiras que imparte o CSHG. Seis desas bolsas cubrirán o 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación, mentres que as 15 restantes cubrirán o 50 %.

 

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a contar a partir do 10 de agosto. No caso de que non esgoten as 21 bolsas, as restantes poderán outorgarse a alumnos doutros cursos. Para repartir as bolsas realizarase unha puntuación de cada solicitante na que se terán en conta os ingresos familiares e o expediente académico.

 

Ademais das bolsas, existen outros factores que permiten aos alumnos aforrarse parte ou a totalidade da matrícula: no caso das vítimas de terrorismo ou violencia de xénero, así como para os alumnos cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %, a exención será do 100 %. Tamén gozarán desa exención total os membros de familias numerosas de carácter especial, mentres que para as familias numerosas de carácter xeral será do 50 %. Pola súa banda, os  estudantes con matrícula de honra no bacharelato non terán que pagar a primeira matrícula.

 

Máis información sobre as tarifas do CSHG e as bolsas e exencións en: https://www.cshg.gal/es/oferta/tarifas-e-axudas

09 de Agosto de 2022

Turismo de Galicia outorgará 21 bolsas para estudar no Centro Superior de Hostalería de Galicia

As axudas, de dous tipos, permitirán sufragar o 80 % ou o 50 % da matrícula no grao de Xestión de Empresas Hostaleiras.   O prazo […]
08 de Agosto de 2022

Novas empresas súmanse ao Club de Produto Galicia Destino Sostible

A iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia volve medrar con máis representantes do ámbito das axencias de viaxes e do aloxamento, e co museo MEGA. […]
06 de Agosto de 2022

Acaba o prazo para solicitar as axudas para a modernización de albergues turísticos

Turismo de Galicia repartirá un total de 500.000 euros para a dixitalización, mellora das instalacións e aumento da eficiencia enerxética dos establecementos beneficiarios.   Este luns, […]
04 de Agosto de 2022

Nova imaxe para o turismo rural galego

Unha xanela, un paxaro e unha estrela, elementos crave da renovada imaxe corporativa de Fegatur, que tamén estreou vídeo promocional.   A Federación Galega de Turismo […]