destacados

Os participantes zarparán de Barbate este 28 de maio para chegar a Portosín o 13 de xuño e realizar a pé o último tramo do Camiño Portugués.

 

A Xunta de Galicia a través de Portos de Galicia, a Junta de Andalucía e a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia, Asnauga, (entidade adherida ao Clúster Turismo de Galicia) colaboran na organización da Travesía Náutica Xacobea 2022, un evento que servirá para dar a coñecer a ampla oferta do turismo marítimo galego e que unirá ás dúas comunidades e Portugal ao redor da celebración do Ano Santo. A localidade gaditana de Barbate será este 28 de maio o porto de partida da frota que emprenderá rumbo cara a Galicia navegando en paralelo á toda a costa do país veciño. Baiona, Portonovo e Ribeira son os portos galegos nos que recalarán os participantes antes de chegar a Portosín para desembarcar e percorrer a pé o último tramo da súa viaxe ata Santiago de Compostela, cidade á que está previsto que cheguen o 13 de xuño.

 

A ruta inspírase no percorrido que, segundo o relato xacobeo, realizaron os discípulos de Santiago cos seus restos e permitirá aos participantes obter a Compostela, o certificado que expide a Igrexa compostelá a aqueles peregrinos que completan a viaxe. A Travesía Náutica Xacobea 2022 está aberta a calquera embarcación a vela de entre 8 e 16 metros de eslora e os participantes poderán unirse en calquera porto do percorrido ata Baiona. Os interesados en tomar parte poden formalizar a súa inscrición cubrindo o impreso dispoñible na web de Asnauga e enviándoo ao email info@asnauga.com.

 

“Temos unha nova oportunidade para aproveitar o mar como camiño, un mar que ten algo de aventura, de emoción, de relax e de desconexión. Pódolles asegurar que se as paisaxes mariñas vistas desde terra son espectaculares, as que se xeran da costa vista desde o mar aínda o son máis. Para gravalas para sempre na memoria”, explicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, no acto de presentación desta iniciativa que servirá para dar a coñecer o sector náutico galego, que conta con 14.000 prazas de amarre en 30 portos deportivos, suma 400 empresas e dá emprego directo a máis 2.200 persoas.

27 de Maio de 2022

O turismo náutico galego iza as velas coa Travesía Náutica Xacobea 2022

Os participantes zarparán de Barbate este 28 de maio para chegar a Portosín o 13 de xuño e realizar a pé o último tramo do Camiño […]
25 de Maio de 2022

Segittur pon ao alcance das pemes turísticas unha guía para elaborar as súas memorias de sustentabilidade

O Clúster Turismo de Galicia colaborou no proceso de redacción do documento.   As empresas do sector turístico que queiran avanzar pola senda da sustentabilidade dispoñen […]
25 de Maio de 2022

O Clúster pon ao dispor dos seus socios 25 invitacións para a bolsa de contratación de Turexpo Galicia

Os participantes poderán contactar con operadores turísticos nacionais e internacionais os días 2 e 3 de xuño no marco da feira que se celebrará en Silleda. […]
23 de Maio de 2022

Italia, nova parada do Clúster na campaña de internacionalización do destino Galicia

Desde hoxe e ata o 26 de maio participa xunto con cinco empresas galegas nun Roadshow organizado por Turespaña que percorrerá Roma, Catania, Bolonia e Milán. […]