destacados

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia viviu do 12 ao martes 14 un evento que sumou congreso, feira e workshop con turoperadores internacionais

A segunda edición de Fairway, Forum do Camiño de Santiago, celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela do 12 e ao 14 de novembro, coa meta de ser punto de encontro de todos os profesionais e interesados ao redor das súas rutas. Así, o congreso aberto, contou cun total de 8 mesas na que se deron cita máis dunha decena de expertos nacional e internacionais que abordaron o fenómeno do Camiño de Santiago desde diferentes aspectos: histórico, de accesibilidade, de vinculación con outros itinerarios culturais, etc. Ademais, e por vez primeira, FairWay contón con mesas redondas sectoriais, que se desenvolveron de forma paralela ao resto da programación e que serviron para que empresas e institucións puidesen mostrar os aspectos que máis lle preocupaban nos diferentes camiños. En todas elas asociados e representantes do Clúster estiveron presentes ofrecendo a súa experiencia e valoración.
Ademais, o Clúster Turismo de Galicia tamén participou no espazo feiral, cunha caseta propia no que se ofreceu información sobre os produtos turísticos desenvolvidos en colaboración cos seus asociados, algúns dos cales tamén participaron na feira, como a Asociación de Guías de Galicia, AGALBER ou a Asocación de Turismo Costa da Morte CMAT.
Finalmente, un gran número de empresas participaron no workshop celebrado durante FairWay, no que se propicieron reunións de intercambio comercial con máis de 25 turoperadores internacionais procedentes de 14 países distintos: Colombia, Noruega, Irlanda, Brasil, Uruguai, Portugal, Nova Zelandia, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Reino Unido, Italia, Alemaña e España.
Unha iniciativa desde o sector privado
Fairway, Forum do Camiño de Santiago, naceu desde a iniciativa privada. Está promovido pola almacenista-comerciante polo miúdo Viaxes Viloria; a axencia de mercadotecnia Mr Turismo; e Trevisani, empresa de organización de eventos, protocolo e relacións públicas, e comunicación.

Conta co patrocinio principal de Correos; a colaboración institucional da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago; e o apoio de Paradores, Catedral de Santiago, Clúster de Turismo de Galicia e de distintas entidades patrocinadoras e colaboradoras.

15 de Novembro de 2017

A segunda edición de Fairway abordou de forma global e transversal o fenómeno do Camiño de Santiago reunindo aos axentes e profesionais que traballan ao redor das súas rutas

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia viviu do 12 ao martes 14 un evento que sumou congreso, feira e workshop con turoperadores internacionais A […]
10 de Novembro de 2017

Catas de viño e sendeirismo para celebrar o día europeo do enoturismo

Catas comentadas de viños e sendeirismo centran a oferta de Enoturismo Galicia, marca paraugas impulsada co apoio do Clúster de Turismo de Galicia e a Axencia […]
09 de Novembro de 2017

Expourense celebrou o Día Mundial da Calidade entregando o V Premios “Líderes en Calidade”

Baixo a lema “Liderar en tempos de cambio”, Ourense acolleu un acto de celebración do Día Mundial da Calidade 2017 no que tamén se fixo entrega […]
08 de Novembro de 2017

Máis de 25 encontros múltiples agendados entre profesionais do sector turístico galego e turoperación internacional

A través do servizo de axenda ofrecido polo Clúster Turismo de Galicia aos empresarios que participaban na misión comercial á World Travel Market, nesta edición hanse […]