Co obxectivo de fixar sinerxías enfocadas cara ao turismo Viveiro acolleu a celebración do I Workshop Galp A Mariña-Ortegal, no que se deron cita representantes de máis de 35 empresas que tomaron parte en encontros B2B que permitiron establecer lazos nas máis de 500 reunións co fin de crear relacións que impulsen a competitividade das empresas turísticas e en xeral de todo o sector empresarial do territorio. O obxectivo desta actividade é crear relacións satisfactorias entre axentes do territorio para impulsar o crecemento e a competitividade do tecido empresarial relacionado co turismo.
O evento contou coa participación de profesionais do sector turístico como Cesáreo González Pardal, o secretario do Clúster de Turismo de Galicia, Alfredo Chairo García, o vicepresidente e Mar López Leitón, xerente do GALP A Mariña-Ortegal, así como do tenente alcalde de Viveiro Jesús Fernández Fernández e a concelleira de Turismo de Viveiro, Marisol Rei Yáñez. Chairo destacou a importancia da creación de sinerxías no sector turístico para o desenvolvemento sustentable do territorio mentres que o secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González, destacou o labor que leva adiante o labor do Clúster de Turismo de Galicia e as oportunidades de crecemento que brinda esta organización, no marco dun traballo conxunto que faga máis forte ao sector turístico galego.