destacados

A Coruña, con 67 escalas e 91.932 pasaxeiros durante o primeiros sete meses do ano, foi o porto galego máis visitado.

 

As 43 escalas e os 71.052 cruceiristas rexistrados en Vigo entre xaneiro e xullo permitíronlle superar as cifras do mesmo período do 2019.

 

O turismo de cruceiros tamén se sumou á onda de recuperación da actividade que está a experimentar o sector turístico en xeral este ano. Os últimos datos feitos públicos por Portos do Estado marcaron un récord histórico de buques chegados aos peiraos de toda España debido a que durante o primeiros sete meses deste ano contabilizáronse 2.384 embarcacións, o que lles permitiu superar os 2.231 do 2019. Aínda así, a recuperación non é total posto que a menor porcentaxe de ocupación que rexistraron os cruceiros entre xaneiro e xullo deste ano propiciou que o número total de cruceiristas quedouse aínda lixeiramente por baixo das cifras do 2019.

 

En canto aos portos galegos, A Coruña encabezou a listaxe de cruceiros e visitantes ao sumar 67 escalas e 91.932 pasaxeiros durante o primeiros sete meses deste ano, mentres que Vigo alcanzou os 43 cruceiros e 71.052 visitantes durante ese mesmo período. As estatísticas de Portos do Estado recollen tamén os datos de Ferrol-San Cibrao (6 cruceiros e 3.661 pasaxeiros) e Vilagarcía (2 cruceiros e 383 pasaxeiros). No caso de Marín, contabilizan un só cruceiro, pero ningún pasaxeiro.

 

O porto de Vigo fixo públicos tamén os datos desagregados dos últimos anos, o que permite comprobar que as cifras acumuladas durante o primeiros sete meses deste 2022 son notablemente superiores ás rexistradas durante ese mesmo período do 2019 (31 cruceiros e 63.195 pasaxeiros). Así mesmo, á espera de coñecer a cifra de pasaxeiros do mes de agosto pasado, o cómputo de barcos si permite comprobar que a boa evolución do sector mantívose, debido a que foron 7 os cruceiros que pasaron polo porto vigués, 3 máis que en agosto do 2019.

 

Desde A Coruña avanzaron xa que o número de cruceiristas recibidos en agosto foi de 22.000 o que eleva o total anual acumulado máis aló dos 110.000 visitantes. E as previsións para este mes de setembro son positivas, debido a que esperan recibir máis dunha vintena de embarcacións.

13 de Setembro de 2022

Bo rumbo para o turismo de cruceiros en Galicia

A Coruña, con 67 escalas e 91.932 pasaxeiros durante o primeiros sete meses do ano, foi o porto galego máis visitado.   As 43 escalas e […]
12 de Setembro de 2022

Un centenar de empresas poderán beneficiarse das axudas do Club de Produto Galicia Destino Sostible

Repartiranse máis de 300.000 euros para a creación de novos produtos turísticos.   As empresas que queiran optar ao programa de patrocinios deben adherirse ao club […]
07 de Setembro de 2022

Setembro, terceiro mes máis demandado para gozar das vacacións estivais

Un 13 % dos españois gozarán durante este mes do seu descanso estival, segundo ObservaTUR.   Case o 60 % optarán polos destinos nacionais e  o […]
06 de Setembro de 2022

Turismo rural e sabores para gozar dun novo Outono Gastronómico

Un total de 73 establecementos das catro provincias galegas tomarán parte no programa.   O presidente do Clúster participou na presentación da 16 edición desta iniciativa […]