Un total de 103 xogadores procedentes de varias comunidades autónomas competiron para gañar o pase á gran final do VI Circuíto Golf Senior Turismo de Galicia que se celebrará o mes de outubro no campo de Mondariz. Nunha xornada onde a néboa á primeira hora da mañá ameazou o desenvolvemento normal da proba, os xogadores ao final puideron gozar dun bo día de golf en La Barganiza e, grazas a iso, conseguíronse uns moi bos resultados. O gañador absoluto da proba foi para o xogador de Castiello, Juan Carlos Tinturé con 33 puntos Scratch, seguido con 31 puntos por Juan José López Rodriguez do campo de golf da Llorea.
En categoría hándicap a gañadora foi a xogadora local Mª Piedade Díaz García con 43 puntos, seguido do seu compañeiro de club Carlos Paredes López con 38 puntos. O premio á mellor dama recaeu na xogadora local Carmen Losa Pérez-Curiel con 40 puntos e o mellor master sénior con 37 puntos gañouno Isabel D. Martínez Rodriguez con licenza do propio club anfitrión.
Os xogadores, ademais do agasallo de benvida, puideron gozar dun refrixerio típico galego e dunha degustación de produtos galegos de calidade despois da entrega de premios. O campo de Mondariz e o seu hotel balneario esperan aos gañadores e acompañantes na gran final da ponte do Pilar. Aqueles xogadores que non se puideron clasificar en ningunha das 5 probas, teñen a posibilidade de gozar dun torneo paralelo co mesmo programa que os finalistas.