destacados

Máis de 200 actividades enogastronómicas converten a Xantar nunha cita anual imprescindible coa gastronomía. O Salón Internacional do Turismo Gastronómico, que se celebra en Ourense entre o 1 e o 5 de febreiro alcanza nesta edición a súa maioría de idade na súa edición máis internacional, con expositores procedentes de 11 países e con Panamá como país invitado. Expourense convértese así até o domingo no epicentro da enogastronomía e o turismo reunindo a 232 expositores (un 10% máis que na edición anterior) procedentes de España, Portugal, Costa Rica, México, Ecuador, Paraguai, Francia, Perú, Cuba, Arxentina e Panamá que como país invitado, participa cunha importante delegación de profesionais de preto de 40 persoas entre chefs, representantes do goberno e empresarios hostaleiros.

Entre o obxectivo de promocionar un destino a través dá gastronomía levou á organización a crear o “I Workshop de Turismo Gastronómico” no que participarán operadores de turismo que asistirán á presentación e manterán reunións B2B con representantes dos distintos destinos enogastronómicos presentes.

Ademais, Xantar 2017 conta cun total de 15 restaurantes de diferentes países e comunidades limítrofes como Asturias e Castela e León, ademais da propia gastronomía galega que no seu conxunto ofrecen 21 menús con prezos entre os 14 e os 30 euros que presentan produtos autóctonos e de calidade, ademais de menús especiais.

Catas e showcooking
A programación de Xantar complétase coas catas e showcookings que se celebran no tres aulas gastronómicas, ademais dunha aula de cata, un Túnel do Viño e, como novidade, o Túnel do Queixo onde estarán presentes unha mostra dos premiados na última Cata de Queixos de Galicia organizada pola Xunta de Galicia.
O programa de showcookings complétase con actividades paralelas como o IV Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos no que participan máis de 20 bloggers de toda a Península ou o Encontro Internacional de Confrarías que volverá reunir a máis de 40 entidades de varios países.

02 de Febreiro de 2017

Xantar celebra a súa edición máis internacional con Panamá como país invitado

Máis de 200 actividades enogastronómicas converten a Xantar nunha cita anual imprescindible coa gastronomía. O Salón Internacional do Turismo Gastronómico, que se celebra en Ourense entre […]
01 de Febreiro de 2017

Os cruceiros, unha oportunidade para o turismo en Galicia

O turismo de cruceiros está en alza. E para mostra uns datos: segundo a Asociación Internacional de Liñas de Cruceiros (CLIA) en 2017 este sector superará […]
31 de Xaneiro de 2017

Encontro do Clúster coa Deputación ourensá

Representantes do Clúster Turismo de Galicia mantiveron un encontro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar co obxectivo de avanzar nunha futura colaboración de face […]
27 de Xaneiro de 2017

Satisfacción no Clúster Turismo de Galicia pola aprobación do Decreto de Regulación das Vivendas de Uso Turístico

A norma inclúe, ademais, modificacións na regulación dos apartamentos e vivendas turísticas O Clúster Turismo de Galicia como entidade que agrupa ao 95% do sector turístico […]