destacados

A Consellería de Cultura e Turismo asinou un acordo coa secretaria de Estado de Turismo para homoxeneizar os criterios de excelencia e calidade do sector no marco da aposta da administración pública na mellora da competitividade da oferta turística. Neste contexto, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo balance da boa marcha do turismo galego no primeiro cuadrimestre do ano, un período no que os establecementos hoteleiros da Comunidade ingresaron 61,7 millóns de euros, un 8% máis que en 2018.

O acordo, asinado en Santiago de Compotela entre o conselleiro, Román Rodríguez, e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver, permitirá homoxeneizar os criterios de excelencia e favorecerá a colaboración entre as dúas administracións, unha aposta pola calidade na que a Xunta leva inmersa os últimos anos e que xa está a dar os seus froitos. Neste sentido, Rodríguez destacou ó que o número de empresas co recoñecemento SICTED de Calidade Turística duplicouse na última década ao pasar de 286 en 2008 ás 598 conseguidas o ano pasado. Subliñou, ademais, que Galicia logrou o ano pasado o maior número de certificacións da marca Q de calidade da súa historia, ao conseguir un total de 282, situándose como a segunda Comunidade con máis recoñecementos.

A secretaria de Estado, pola súa banda, destacou que Galicia posúe un produto turístico “moi diferenciado”; “unha marabillosa carta que xogades e que tedes que coidar”, e citou a paisaxe galega e a rede de camiños xacobeos, a paisaxe e os camiños.

Oliver ofreceu a colaboración do Estado para seguir mellorando a oferta do turismo de Galicia e a súa calidade, e referiuse en concreto ao ano 2021 cando terá lugar o próximo Xacobeo. “Imos traballar conxuntamente para que sexa un éxito en número de visitantes e de gasto turístico”, indicou.

A representante estatal dixo que o 2021 será “un momento importante” para tratar de captar e fidelizar ao visitante que acuda á comunidade galega.

Destacou a importancia que ten para o potente sector turístico español a colaboración entre as diferentes institucións públicas e a súa cooperación coas empresas do sector privado. “Calidade, sustentabilidade, accesibilidade, innovación, desestacionalización e diferenciación son os termos craves neste século XXI”, afirmou Isabel Oliver.

18 de Xuño de 2019

Acordo de colaboración para avanzar en innovación, calidade e sustentabilidade do turismo en Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo asinou un acordo coa secretaria de Estado de Turismo para homoxeneizar os criterios de excelencia e calidade do sector no […]
18 de Xuño de 2019

CaixaBank e Xunta asinan un convenio que pon a disposición do sector turístico galego unha liña de financiamento de 1000 millóns de euros

Co obxectivo de seguir dotando de medios ao sector e ao territorio de face ao próximo Xacobeo2021, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e […]
17 de Xuño de 2019

Aberto o prazo para solicitar praza no programa Termalismo Social do Imserso

Balnearios de Galicia aclara que este programa, que oferta 27 mil prazas, non está afectado por suspensión cautelar do programa do Imserso A Asociación de Balnearios […]
13 de Xuño de 2019

Convocatoria de Asemblea Xeral do Clúster de Turismo de Galicia

O xoves 27 de xuño a Cidade da Cultura de Galicia acollerá a celebración da Asemblea Xeral do Clúster de Turismo de Galicia (CTG) no auditorio 2 do […]