destacados

A revista Executivos, unha das cabeceiras decanas da prensa económica española, entregou os seus Premios Executivos Galicia nun acto que tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo. Nesta oitava edición dos seus galardóns 14 eran os premiados, entre empresarios e empresas galegas, que recibiron esta distinción en diferentes categorías nun acto que clausurou o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
O Clúster Turismo de Galicia foi distinguido na categoría de Iniciativa Empresarial “polo seu evidente avance na profesionalización do sector e a creación de produto turístico para o destino”, segundo o xurado que elixiu os gañadores destes premios que recoñecen aspectos como a traxectoria, o servizo ao cliente, o bo facer e as iniciativas para a consolidación dun tecido empresarial forte e de calidade. O galardón foi recollido polo presidente do CTG, Francisco González, de mans do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique Veiga. González destacou que este é un premio a todos os asociados que, co seu esforzo, están a contribuír a construír non só o Clúster se non un sector turístico sustentable, moderno e de futuro para Galicia.

Ademais do Clúster de Turismo de Galicia, os gardonados nesta edición dos Premios Executivos foron Ignacio González, CEO de Nova Pescanova, como “Executivo do Ano”; Babé y Cía, premio Empresa do Ano; Francisco Cal, premio á Traxectoria Profesional; Pérez Rumbao, premio á Empresa Familiar; Sivsa recibiu o premio ao Servizo ao Cliente; Adegas La Val á Calidade; Susana Pérez recibiu o premio á Xestión Institucional polo seu labor á fronte da Asociación Empresarias Galicia; Francisco Gómez-Ulla, o de Prestixio Profesional mentres que Correos recibiu o de Transformación Dixital pola súa iniciativa o Camiño con Correos. Completan a relación de galardoados a empresa Unicla, Premio Excelencia Empresarial; o restaurante España, premio á Excelencia Turística; Santiago Salgueiro, da Pepita Burguer, premio ao Novo Empresario e a Universidade de Vigo, Premio á Innovación.

Foto grupo premiados Ejecutivos Galicia 2018

11 de Xullo de 2018

O Clúster Turismo de Galicia recibe o premio Executivos de Galicia 2018 á mellor iniciativa empresarial

A revista Executivos, unha das cabeceiras decanas da prensa económica española, entregou os seus Premios Executivos Galicia nun acto que tivo lugar no Círculo de Empresarios […]
09 de Xullo de 2018

O deporte do golf e a súa influencia na demanda turística centra unha mesa de traballo promovida pola Federación Galega de Golf

Co obxectivo de promover accións conxuntas que permitan promover o turismo do golf en Galicia, a sede da Federación Galega de Golf en Coruña acolleu unha […]
27 de Xuño de 2018

Os Destinos Turísticos Intelixentes, claves na construción dun turismo de futuro

Unha representación do sector turístico galego estivo presente no Congreso onde aproveitou para establecer contacto con outros clústeres turísticos A necesidade de utilizar a información para […]
21 de Xuño de 2018

Medio cento de profesionais reciben formación práctica en Maceda para promocionar Galicia como destino saudable

O Castelo de Maceda acolleu a segunda acción de promoción dentro do “Workshop de Comercialización de Turismo de Saúde e Médico de Galicia”, un showcooking dirixido […]