Con motivo da celebración do 20 aniversario da constitución da Ruta do Viño Rías Baixas, a asociación sen ánimo de lucro puxo en marcha un programa especial que inclúe un gran número de actividades, entre as que se inclúen catas, rutas de sendeirismo e BTT e actividades de diversa índole que irán desenvolvéndose cada mes e que se completarán con accións en liña, como os sorteos que se celebrarán o 20 de cada mes a través da súa páxina de facebook.
As actividades, pola súa banda, darán comezo o próximo 4 de marzo coa primeira do catro propostas das Catas entre amigos. Esta iniciativa levará a catro das principais cidades galegas -Santiago, Pontevedra, A Coruña e Vigo- durante o próximos tres meses. O sumiller Nacho Costoya será o encargado de conducir as catas previstas en Santiago (4 de marzo), Pontevedra (1 de abril), A Coruña (22 de abril) e Vigo (6 de maio).
Para os meses de verán proponse tanto unha cata en catamarán, que o pasado ano rexistrou gran éxito de convocatoria, como unha carreira popular e Rutas BTT e de sendeirismo. Por outra banda, desde a Ruta do Viño Rías Baixas tamén contan con actividades específicas dirixidas aos asociados. Entre elas atópanse dous charlas coloquio sobre Técnicas de Venda e Mercadotecnia dixital, que se desenvolverán nos meses de marzo e xuño, respectivamente.
Ademais, desde a asociación sen ánimo de lucro promoverán actividades accesibles durante este ano. “Estamos en conversacións con distintos entes, como a Fundación Down Compostela, para ofrecer iniciativas adaptadas aos colectivos que representan. Queremos fomentar propostas nesta liña, xa que estamos incluídos na Guía de Rutas Enológicas Accesibles para Todas as Persoas de Predif e cremos que é a nosa obrigación cumprir coas demandas dos distintos sectores de poboación nela representados”, concretou a xerente da Ruta, Lorena Varela.
A toda esta programación cabe unir as propostas específicas con motivo das Xornadas de Puertas Abertas, previstas para finais de maio, e do Día Europeo do Enoturismo, que se celebrará o 13 de novembro. “Trataremos de incluír iniciativas que sexan compatibles con todos os sectores da sociedade, aproveitando as infraestruturas dos nosos asociados para dar cabida a todos os colectivos?, concluíu Lorena Varela.
Desde os seus comezos, a Ruta do Viño Rías Baixas apostou por un enoturismo de calidade e por ofrecer a mellor e máis variada oferta de lecer aos visitantes, o que lle valeu ser o único itinerario enoturístico galego certificado como Ruta do Viño de España e estar incluída na Guía de Rutas Enológicas Accesibles para Todas as Persoas de PREDIF. A estes recoñecementos súmanse os certificados de Q de Calidade Turística, así como outras mencións do Sistema Integral de Calidade Turística En Destinos (SICTED).