destacados

O turismo como factor de cambio nas cidades, o papel que queremos darlle aos centros históricos neste fenómeno crecente de presión turística, exemplos do uso da paisaxe como produto turístico foron algúns dos aspectos que se abordaron no Encontro ou a relación entre cultura, turismo e economía, ademais do seu impacto no patrimonio, foron algúns dos aspectos que se abordaron nas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega “Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverscias dun diálogo posible”, coordinado polo enxeñeiro e especialista en patrimonio cultural, Carlos Nárdiz.

Algún político expúxose cuantos turistas caben en España? O incremento dos fluxos turísticos que, tal e como explicaban algúns dos expertos, é previsible que se siga incrementando, así como o seu impacto en destinos especialmente sensibles como as cidades patrimonio ocuparon boa parte da primeira xornada do Encontro, centrada moi especialmente no caso de Compostela. Por esta razón Miguel Anxo Troitiño, catedrático de Xeografía Humana da Universidade Complutense de Madrid e coordinador do estudo que en 2008 recomendou limitar as visitas á catedral de Santiago de Compostela, foi o elixido para abrir esta primeira xornada. Na súa intervención Troitiño destacou que fai falta desenvolver accións para evitar unha excesiva turistificación desde unha fase temperá do fenómeno, avogando por establecer modelos de xestión das cidades nas que o turismo estea integrado. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, os concelleiros de Santiago, Marta Lois e Jorge Duarte, así como expertos como Manuel Chaín, subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural, José Ramón Castiñeiras, xefe da área de Imaxe e Xestión de Marca Turismo de Galicia, Rafael Sánchez Bargiela, director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo de Turismo de Galicia, a antropóloga Cristina Sánchez Carretero ou represententes do Consello Regulador D.Ou Ribeira Sacra foron algúns dos relatores que abordaron cuestións como a xestión turística nos centros históricos, a pegada deste fenómeno nos camiños de Santiago ou as posibilidades da importancia do apoio da comunidade local para garantir a viabilidade da Ribeira Sacra como futuro BIC.

Escoita os relatorios na canle de Youtube do CCG

10 de Xullo de 2017

O Consello da Cultura Galega acolleu un encontro para abordar a necesidade de equilibrio entre o turismo e a conservación da paisaxe e do patrimonio

O turismo como factor de cambio nas cidades, o papel que queremos darlle aos centros históricos neste fenómeno crecente de presión turística, exemplos do uso da […]
05 de Xullo de 2017

O presidente da APEHL entra a formar parte da directiva da Federación Española de Hostalaría

A Federación Española de Hostalaría acaba de renovar a súa directiva para o próximos catro anos e nela, baixo a presidencia de José Luís Yzuel, haberá […]
04 de Xullo de 2017

As 53 adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas recibiron máis de 97 mil visitantes en 2016

As 53 adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas, incluída no Club de Produto das Rutas do Viño de España, recibiron un total de 97.813 […]
29 de Xuño de 2017

Situar a marca Galicia Turismo Activo, un dos obxectivos fixados tras a xornada turismo activo celebrada en Ourense

Medio centenar de expertos constataron o enorme potencial de Galicia para o desenvolvemento deste tipo de turismo Profesionalización e estruturación do sector e a da súa […]