destacados

Os responsables da Federación Galega de Turismo Rural presentaron en Fitur a súa nova campaña promocional.

 

A Federación Galega de Turismo Rural, Fegatur, presentou no stand de Galicia en FITUR o anuncio publicitario “Galicia turismo rural: A sinfonía dos abrazos”, destinado a promover e destacar que a proposta destes establecementos en Galicia é diversa, segura, saudable, sostible, diferenciadora e de calidade. Vista, oído, olfacto, gusto e tacto, pero tamén sentidiño e sentido do humor, son os sete sentidos que se activan nos establecementos adscritos a Fegatur e aos que se pode acceder desde a súa web, tal como destacou o presidente da entidade, Francisco Almuíña Chorén, durante unha posta en escena orixinal e inédita, e na que foi debullando os vínculos que as casas e os camiños teñen na vida das persoas e no seu diario peregrinar vital.

 

“O turismo rural de Galicia ofrece espazos nos que é fácil revitalizarnos e osixenarnos, paseando polos innumerables lugares e carreiros da nosa terra, porque merecemos un respiro. Porque os abrazos son un antídoto eficaz fronte á intoxicación do estrés, a tristeza e a desesperanza”, explicou Almuíña aos presentes no acto celebrado na feira turística madrileña. O presidente de Fegatur aproveitou ademais a presenza da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, para pedir que se manteña a aposta por iniciativas promocionais de “probada eficacia” como os bonos turísticos, o programa Galicia natural para persoas maiores de 55 anos e o Outono Gastronómico. “Deben seguir contando co merecido alento e apoio das administracións, institucións e empresas. Iso permitiranos seguir contribuíndo a un desenvolvemento sostible e preñado de futuro para todas as persoas que vivimos no rural.”

 

Ademais de Nava Castro, ao acto de Fegatur acudiron tamén o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e o vicepresidente da entidade, Jesús Picallo, así como o presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes, Juan Rivadulla e o presidente de Hostalería de Galicia, Cheché Real.

21 de Xaneiro de 2022

Fegatur convida a gozar da sinfonía de abrazos que ofrecen os establecementos de turismo rural

Os responsables da Federación Galega de Turismo Rural presentaron en Fitur a súa nova campaña promocional.   A Federación Galega de Turismo Rural, Fegatur, presentou no […]
20 de Xaneiro de 2022

O Clúster de Turismo fai un balance positivo do 2021 e agradece o esforzo das administracións na mobilización de axudas

A entidade presidida por Cesáreo Pardal aposta pola sustentabilidade para atraer a un turismo de alto valor engadido.   Unha edición máis, o Clúster xestiona un […]
17 de Xaneiro de 2022

O Clúster Turismo de Galicia abrirá as presentacións no espazo de Galicia en Fitur

A posta de longo da campaña “Galicia, camiño da sustentabilidade” é a primeira actividade prevista no stand da Xunta tras o acto inaugural “Xacobeo 21-22. Camiña […]
16 de Xaneiro de 2022

Galicia liderará este ano a recuperación da facturación do sector turístico nacional

A enquisa de perspectivas turísticas de Exceltur prevé que o turismo galego volva durante o 2022 ás cifras de negocio previas á pandemia.   A boa […]