destacados

Turismo de Galicia e a Mancomunidade asinaron un convenio para investir máis de 100.000 euros na promoción deste territorio

Co turismo arqueolóxico como atractivo principal da zona, Turismo de Galicia e a Mancomunidade Terras de Pontevedra han asinando un acordo de colaboración para a promoción turística conxunta deste territorio pola que o departamento da Xunta achegará 60.000 euros e a mancomunidade o resto do importe até alcanzar un investimento de 102.915 euros que se destinarán a diferentes actuacións de promoción de destino.

O convenio, que se desenvolverá durante o 2016, afectará os concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Pontecaldelas, Vilaboa, Cotobade, Barro e Campo Lameiro. As accións a desenvolver teñen como obxectivo a dinamización e o fomento do turismo nesta zona mediante a mellora do acceso aos recursos turísticos, a potenciación de novos produtos e a mellora da comercialización do destino para conseguir chegar a novos segmentos de mercado como o turismo familiar.

Entre as actuacións previstas no convenio destaca o desenvolvemento dunha app móbil de realidade aumentada e unha audioguía para os recuros de arte rupestre cos que conta a zona. A maiores, realizaranse presentacións para prensa especializada e axentes de viaxe sobre arte rupestre, que tamén será obxecto dun blog trip e dunha reportaxe audiovisual. Así mesmo, crearase material promocional adaptado ás novas tecnoloxías.

Ademais, porase en marcha unha plataforma de venda en liña de viaxes e estancias combinadas para mellorar a comercialización e xestionar de forma integrada todos os servizos existentes, pondo a disposición do turista a oferta global do destino. Esta nova ferramenta permitirá chegar os máis clientes e concentrar nun único punto a oferta e a demanda, administrándoas de forma áxil e en tempo real.

01 de Xuño de 2016

Terras de Pontevedra contará cunha plataforma de venda en liña de viaxes e estancias combinadas

Turismo de Galicia e a Mancomunidade asinaron un convenio para investir máis de 100.000 euros na promoción deste territorio Co turismo arqueolóxico como atractivo principal da […]
30 de Maio de 2016

O sector termal en España alcanza o volume de negocio do turismo rural

O informe Turismo Termal en España analiza a situación, debilidades e posibilidades de mellora do termalismo en España Problemas de comercialización, coñecemento e mantemento das instalacións […]
24 de Maio de 2016

Ribeira Sacra contará con 200.000 euros de finananciación pública para a súa promoción como destino turístico de interior

Grazas a un acordo asinado entre Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, 21 concellos beneficiaranse do investimento até 2017 Co obxectivo […]
24 de Maio de 2016

O Cluster Turismo de Galicia asina un convenio coa Federación de Empresarios do Barbanza

Os presidentes de ambas as entidades asinaron un acordo marco de colaboración para colaborar en accións conxuntas no marco turístico O Clúster Turismo de Galicia (CTG) […]