destacados

A enquisa de perspectivas turísticas de Exceltur prevé que o turismo galego volva durante o 2022 ás cifras de negocio previas á pandemia.

 

A boa evolución que o sector turístico galego experimentou durante o 2021 situándose 22 puntos por riba da media nacional en canto a recuperación da demanda previa á pandemia da covid terá continuidade durante o 2022. Así se desprende do informe de conxuntura turística no que Exceltur fai a súa valoración do exercicio 2021 e expón as perspectivas para o ano que acaba de empezar.

 

Segundo o documento feito público en días pasados, Galicia situouse o ano pasado na segunda posición do ranking por autonomías cunha facturación do sector turístico un 18,7 % inferior ao ano 2019, sendo Asturias a única comunidade cuxo porcentaxe de caída foi inferior (17,1 %). Comunidades como Madrid e Cataluña situáronse con descensos da facturación superiores ao 50 %. Para este 2022, a previsión é que o sector turístico galego mellore esas cifras ata situarse a só unhas décimas (-0,3 %) da facturación rexistrada durante aquel 2019 previo á covid.

 

Castela e León (-2 %), Estremadura (-2,8 %), Navarra (-3,5 %), Asturias (-4,9 %) e Cantabria (-7,3 %) seguen a Galicia no ranking previsto para o 2022, que os responsables do informe de Exceltur atribúen á mellor resposta da demanda interna nos destinos de interior e do norte de España. O impulso engadido que supón a continuación do Ano Santo Xacobeo 21-22 é o que permitirá a Galicia dar un novo paso adiante ata situarse durante na primeira posición do ranking de recuperación da demanda.

 

O informe mostra como o 51,2 % dos empresarios turísticos galegos enquisados espera que esa recuperación do volume de facturación previo á pandemia se produza durante o terceiro trimestre deste ano. Un 4,3 % son máis optimistas e sitúana no segundo trimestre, mentres que para o 21,7 % haberá que esperar ao segundo semestre do 2023 para volver ás cifras do 2019 e para o 17,4 % ese horizonte está mesmo máis lonxe: no ano 2024. Por contra, no caso do conxunto do empresariado turístico español só o 30,4 % dos enquisados calculan que a recuperación se producirá xa no terceiro trimestre deste ano, mentres que un 16,7 % atrásana ao cuarto trimestre e un 41,9 %, ao longo do 2023.

16 de Xaneiro de 2022

Galicia liderará este ano a recuperación da facturación do sector turístico nacional

A enquisa de perspectivas turísticas de Exceltur prevé que o turismo galego volva durante o 2022 ás cifras de negocio previas á pandemia.   A boa […]
15 de Xaneiro de 2022

Novas axudas por importe de 60 millóns de euros para a dixitalización de destinos e empresas turísticas e para a promoción internacional

Os fondos Next Generation financiarán as catro liñas de subvencións que acaba de lanzar o Ministerio de Turismo e que inclúen partidas específicas para os municipios […]
14 de Xaneiro de 2022

O Clúster de Turismo de Galicia propón a creación dun grupo de traballo para a revisión e actualización da normativa de vivendas de uso turístico

Unha vez máis, o Clúster entende que a colaboración público–privada é a vía adecuada para fortalecer unha oferta de aloxamento coherente coa aposta de Galicia por […]
12 de Xaneiro de 2022

As oportunidades que abre o AVE, a debate este venres en Ourense

Os exministros José Blanco e Ana Pastor, e o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, son algúns dos expertos convidados a participar no foro organizado pola Xunta. […]