destacados

Participará na feira internacional TTG Incontri Rimini, que se desenvolverá do 12 ao 14 de outubro.

 

Hai 6 prazas dispoñibles e os interesados poden anotarse ata o 9 de setembro.

 

O Clúster suma novas datas ao seu calendario de accións internacionais para este outono. Ademais da viaxe prevista do 6 ao 9 de novembro á WTM London, xa traballa nos preparativos para desprazarse tamén a terras italianas e participar na feira internacional TTG Incontri Rimini, que se desenvolverá do 12 ao 14 de outubro. Como no caso da capital británica, o Clúster encabezará unha misión comercial na que poderán participar algúns dos socios da entidade.

 

O Clúster pon ao dispor dos seus socios 6 prazas para tomar parte na TTG Incontri Rimini. Están destinadas a representantes do sector da comercialización e a distribución (maioristas e axencias de viaxes), así como do aloxamento (hoteis, cámpings, turismo rural, etcétera) e da oferta turística complementaria.

 

Os interesados en participar na misión comercial deben enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com antes do 10 de setembro indicando os seus datos persoais (nome, apelidos e DNI) e os de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF) para efectuar a pre-reserva.

 

Con case 60 edicións ás súas costas, a TTG Incontri Rimini presume de ser “máis que unha feira comercial de viaxes. É unha plataforma única onde pode descubrir as últimas tendencias na industria de viaxes, coñecer profesionais e expertos de todo o mundo e facer crecer a súa rede e o seu negocio”.

04 de Setembro de 2022

O Clúster abre o prazo para sumarse á súa próxima misión comercial a Italia

Participará na feira internacional TTG Incontri Rimini, que se desenvolverá do 12 ao 14 de outubro.   Hai 6 prazas dispoñibles e os interesados poden anotarse […]
02 de Setembro de 2022

O sector turístico galego cumpre as expectativas previstas e pecha o mes de agosto con niveis de ocupación do 90 % e superiores

En xullo as porcentaxes situáronse entre o 70 e o 80 %, rozando a plena ocupación nas pontes do 25 de xullo e do 15 de […]
29 de Agosto de 2022

O Clúster prepara unha nova misión comercial á WTM de Londres

Unha vintena de empresas galegas poderán participar na viaxe á feira internacional de turismo que se celebrará na capital británica do 7 ao 9 de novembro. […]
28 de Agosto de 2022

A sustentabilidade, piar básico para o futuro do sector turístico

O Club de Produto Galicia Destino Sostible, que impulsa o Clúster co apoio da Xunta, aposta por cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU. […]