destacados

Os establecementos beneficiarios dispoñen dunha semana máis para xustificar a execución dos seus proxectos de equipamentos e dixitalización.

 

Os responsables dos establecementos de hostalería que se acolleron a dúas liñas de subvencións abertas pola Axencia Turismo de Galicia para facer fronte ás consecuencias da pandemia da covid dispoñerán de varios días máis de prazo para completar os trámites necesarios para poder cobrar as súas axudas. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) do venres 10 de decembro. Esta data era, precisamente, a que marcaba a finalización do prazo fixado inicialmente e que se ve agora ampliado ata o 17 de decembro.

 

A primeira das dúas liñas de axudas está dirixida á realización de investimentos en equipamentos postcovid e conta cun financiamento ao 100 % por parte da Unión Europea no marco do eixo Rect-UE do programa Feder Galicia 2014-2020. Esta convocatoria está dotada cun total de 6 millóns de euros e cada beneficiario recibe ata un máximo de 50.000 euros, que debía  destinar a financiar o 90 % do custo de adquisición de sistemas  domóticos de control de distancias, apertura de portas, climatización, etcétera; sistemas de check-in automáticos, carteis e rotulado e novos equipos de hixienización, entre outros.

 

A segunda liña de subvencións está destinada á promoción da dixitalización e do márketing dixital e conta tamén cun orzamento total de 6 millóns de euros con cargo aos orzamentos da Xunta. Cada beneficiario optaba a un máximo de 15.000 euros para financiar o 100 % do gasto de instalación ou integración de “Property Management  System” (sistemas de xestión hostaleira) e “Customer Relationship Management” (xestión das relacións con clientes), ademais de estudos de mercado e satisfacción, publicidade en liña, campañas publicitarias con prescritores, webs corporativas, adquisición de hardware, sistemas de xestión do teletraballo e outros equipamentos tecnolóxicos.

 

O prazo para solicitar as axudas pechouse hai algo máis dun mes, e en ambos os casos os beneficiarios dispoñían ata o 10 de decembro para presentar a documentación que acredita a execución do proxecto. Pero segundo recóllese agora en senllas resolucións publicadas no DOG “a gran cantidade de solicitudes presentadas e dada a proximidade do prazo de xustificación establecido na resolución de convocatoria, considérase necesario ampliar o prazo (…) ata o 17 de decembro do 2021”.

10 de Decembro de 2021

Ampliados ata o 17 de decembro os prazos de dúas subvencións postcovid para a hostalería

Os establecementos beneficiarios dispoñen dunha semana máis para xustificar a execución dos seus proxectos de equipamentos e dixitalización.   Os responsables dos establecementos de hostalería que […]
07 de Decembro de 2021

A Xunta e Agetan colaboran para consolidar Galicia como destino de natureza e deporte

A Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza deseñará novos produtos e activará un espazo propio de reservas.   A Xunta de Galicia, […]
03 de Decembro de 2021

Últimos días para gozar dos bonos turísticos do programa Quedamos en Galicia

O 15 de decembro acaba o prazo para trocar os descontos desta iniciativa organizada por Turismo de Galicia e o Clúster, e que en novembro permitiu […]
02 de Decembro de 2021

O sector turístico analiza en Pontevedra as oportunidades que ofrecen as TIC

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na cuarta edición da xornada monográfica organizada pola Deputación.   As oportunidades que para o sector turístico proporcionan as […]