destacados

O prazo para inscribirse na misión comercial que organiza a entidade estará aberto ata o 1 de outubro.

 

Un ano máis o Clúster Turismo de Galicia estará presente a través dunha misión comercial na Feira Internacional de Turismo de Londres (WTM London), que se desenvolverá os próximos días 1, 2 e 3 de novembro na capital británica. Tras a edición dixital do ano pasado, o evento londiniense recupera o seu formato habitual reunindo no recinto feiral ExCeL London ás mellores empresas e aos profesionais máis destacados do sector no ámbito internacional. A presenza do Clúster Turismo de Galicia permitirá aos representantes galegos manter reunións, establecer contactos, levar a cabo actividades comerciais e coñecer as últimas tendencias, novidades e produtos do sector.

 

O prazo para inscribirse e formar parte de comitiva estará aberto ata o 1 de outubro e os interesados en facelo deben poñerse en contacto co Clúster enviando un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com no que fagan constar os seus datos persoais (nome, apelidos e DNI) e os datos da entidade asociada ao Clúster (razón social, domicilio social e NIF) para poder efectuar a pre-reserva. Tamén poden solicitar a través dese mesmo correo máis información sobre os detalles da misión comercial.

 

Os integrantes da misión comercial voarán desde Santiago de Compostela a Londres o 31 de outubro e regresarán á capital galega o 3 de novembro. Entre as actividades previstas figuran dúas ceas networking.

 

O número máximo de participantes é de 16 persoas. A actividade está dirixida tanto a representantes do sector da comercialización e a distribución (maioristas e axencias de viaxes), como do aloxamento e a oferta complementaria (hoteis, cámpings, turismo rural, turismo activo, náutico, congresos…), e aos responsables doutras entidades relacionadas tamén co ámbito do turismo.

27 de Setembro de 2021

O Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente na Feira Internacional de Turismo de Londres

O prazo para inscribirse na misión comercial que organiza a entidade estará aberto ata o 1 de outubro.   Un ano máis o Clúster Turismo de […]
25 de Setembro de 2021

Os hostaleiros xa poden acceder a axudas por importe de 6 millóns de euros para dixitalización e márketing dixital

A convocatoria da Axencia Turismo de Galicia está dirixida a aloxamentos e establecementos de restauración e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 25 de […]
22 de Setembro de 2021

O Clúster, Ecoembes e a Xunta unen forzas para promover a reciclaxe no sector turístico

O convenio asinado entre as tres partes enmárcase no Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro e nos seus obxectivos de desenvolvemento de Galicia como destino sostible […]
21 de Setembro de 2021

O Clúster promove xunto a Galicia MICE, OPC Galicia e a Xunta un fam trip para fomentar o turismo de congresos en Galicia

Dez empresas especializadas visitan estes días A Coruña, Santiago e Vigo para coñecer as súas instalacións, recursos e servizos.   Representantes dunha decena de empresas de […]