destacados

As cifras obtidas dos datos de ocupación en Sanxenxo no pasado mes de xullo 2019 mostran resultados similares aos de 2018, roldando o 75%. Un cociente que se mantén a pesar de ser un mes con meteoroloxía adversa, ao que se une unha ocupación variante de gran afluencia en fins de semana e menor entre semana. A sensación xeral dos asociados que transmiten desde o consorcio en que “cun mellor tempo tería sido un mes perfecto”.

 

En canto aos datos de consumo mantense unha liña de crecemento. Empresarios asociados ao CETS dos sectores de restauración, lecer e oferta complementaria foron enquisados para valorar o consumo dos seus clientes nunha escala de 1 a 5, obtendo un resultado de 3,89 fronte aos 3,11 do ano pasado.

 

No comunicado, o consorcio prevé unha tempada estival “que non se presenta con grandes alegrías meteorolóxicamente falando”, e que o esperado será consolidar os datos turísticos de anos anteriores.

 

Sanxenxo conta xa con máis de 15.000 prazas de aloxamento reguladas no sector hostaleiro e extra hostaleiro a maiores das prazas en vivendas de uso turístico e segundas residencias. Francisco González López, presidente do  CETS, afirma que deben seguir traballando “na promoción a nivel nacional e internacional, aínda que a carreira non é, nin debe ser polo récord turístico, por crecer cada ano máis en ocupación, a aposta debe ser pola estabilidade respecto a os resultados turísticos dos últimos anos e avogar polo incremento do gasto medio e da rendibilidade.”

 

Finalmente apostan por seguir traballando na promoción da marca turística de Sanxenxo desde a óptica da colaboración público-privada e seguir promocionándoa de forma internacional, perseguindo a desestacionalización.

02 de Agosto de 2019

O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo publica os seus datos de xullo: logra manter a ocupación e crece o índice de consumo.

As cifras obtidas dos datos de ocupación en Sanxenxo no pasado mes de xullo 2019 mostran resultados similares aos de 2018, roldando o 75%. Un cociente […]
31 de Xullo de 2019

Xunta e o ICTE traballarán nun proxecto conxunto para mellorar espazos do Camiño de Santiago que poidan obter a ‘Q’ de calidade

O proxecto implantarase no Camiño Portugués e na Ruta do Mar de Arousa e Ulla, á vez que se reforzan as rutas vitivinícolas Dentro da folla […]
29 de Xullo de 2019

A Coruña acada financiación para a súa primeira Vía verde e proxecta nova rede de sendeiros en Mazaricos

A primeira vía verde da provincia da Coruña, que conectará os municipios de Santiago e Cerceda cun sendeiro de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do […]
26 de Xullo de 2019
Coyuntura hotelera_junio

Boas cifras de viaxeiros e pernoitas no inicio do verán en Galicia, que superan xa os datos de 2018, segundo a enquisa de ocupación hostaleira do INE

Os establecementos hostaleiros galegos recibiron durante o mes de xuño preto de 460.000 viaxeiros, un 7,88% máis que no mesmo período do ano pasado. En canto […]