destacados

Enmarcado no convenio de colaboración asinado entre o CTG e a Axencia Turismo de Galicia para a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico.
O obxectivo fundamental do proxecto é a articulación dun proceso de mellora da imaxe dos establecementos e das súas competencias lingüísticas para poder atender a novos visitantes estranxeiros.

O programa Galicia Friendly volve porse en marcha, grazas ao impulso do Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia. Este ano decidiuse apostar por levar a cabo un apoio totalmente personalizado aos locais turísticos da comunidade, a través da realización dunha análise exhaustiva dos seus establecementos, valorando as competencias lingüísticas dos seus traballadores e soportes de comunicación, tanto on-line como off-line, para atender as necesidades dos turistas estranxeiros.

Así pois, o equipo de técnicos de Galicia Friendly elaborará informes pertinentes adaptados ás necesidades de cada empresa, nos cales orientarán as súas accións para potenciar a mellora na atención ao cliente estranxeiro. A isto súmase a axuda ofrecida aos locais participantes na tradución ao inglés dos seus soportes de comunicación físicos, páxina web e perfil en redes sociais.
Desta forma, os establecementos que cumpran cos requisitos estipulados, obterán -ou renovarán, en caso daqueles que xa participaron o pasado ano- o selo “Galicia Friendly”, que acredita as súas capacidades lingüísticas na atención en inglés aos seus clientes.

Ademais, os locais catalogados baixo o selo “Galicia Friendly” serán de novo incluídos nunha nova edición da guía de locais do proxecto, xunto cos seus datos de contacto e dirección; isto permitirá que os turistas que cheguen á comunidade saiban onde poderán ser atendidos en lingua inglesa. O programa alargarase durante o próximo mes, prevéndose o seu acto de clausura para mediados do mes de outubro cunha cerimonia de entrega de placas distintivas do selo ás empresas participantes.

13 de Setembro de 2018

Arrinca a 2ª edición do programa Galicia Friendly para mellorar as competencias lingüísticas dos hostaleiros galegos

Enmarcado no convenio de colaboración asinado entre o CTG e a Axencia Turismo de Galicia para a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico. O […]
12 de Setembro de 2018

Londres acolle unha presentación da iniciativa Celtic Spain Golf&Wellness

Representantes das empresas galegas impulsoras deste proxecto, que ten por obxectivo a captación do golfista británico cara ao destino galego, mantiveron un encontro de traballo en […]
10 de Setembro de 2018

En marcha a elaboración de materiais de promoción para 11 novos produtos de turismo activo galegos

Máis de 40 entidades traballan estes meses no desenvolvemento de sorportes e materiais de promoción dos novos produtos turísticos vinculados co turismo activo Os 11 produtos […]
05 de Setembro de 2018

Nace Celtic Spain Golf&Wellness para atraer a Galicia ao turista británico amante do golf

Impulsada polo sector privado co apoio de Turismo de Galicia, a iniciativa pretende dar a coñecer Galicia como destino ideal para a práctica deportiva do golf […]