destacados

  • Poñeranse en circulación 16.000 novos bonos cun importe de 150€ cada un
  • O período para trocalos será desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024

Este luns 27 de maio, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou a renovación do programa de Bonos Turísticos para Galicia, onde se investirá 1 millón de euros coa previsión de mobilizar 2,5 millóns de euros durante o outono no sector turístico galego.

 

A iniciativa, que vai pola súa cuarta edición, poñerá en circulación 16.000 novos bonos que se poderán descargar en formato código QR cun importe de 150 euros por bono, onde o 40% é financiado pola Xunta de Galicia e o importe restante o paga a persoa solicitante.

 

Como novidade respecto a outros anos, cada usuario poderá descargar ata 2 bonos para trocar nun dos establecementos adheridos entre o 10 de setembro e o 25 de decembro de 2024. Ademais, o bono pagarase no momento da súa descarga e non posteriormente, como outros anos.

 

De todo isto, estivo a falar a mañá do martes o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, no programa da Radio Galega “Galicia por diante”, onde reafirmou o éxito da iniciativa durante os anos anteriores e a intención do bono de actuar contra a desestacionalización, beneficiando aos distintos tipos de negocios turísticos, sobre todo aos aloxamentos rurais ou con oferta termal, así como ás axencias que oferten paquetes que inclúan opcións gastronómicas.

 

A previsión é que os bonos poidan descargarse a partir de finais do mes de xuño. As persoas interesadas poderán facelo a través da web bonoturismo.gal.

30 de Maio de 2024
Bonos Turísticos Xunta Galicia 2024

Volven os Bonos Turísticos de Galicia impulsados pola Xunta

Poñeranse en circulación 16.000 novos bonos cun importe de 150€ cada un O período para trocalos será desde o 10 de setembro ata o 25 de […]
22 de Maio de 2024
Workshops de Sevilla y Lisboa Clúster Turismo de Galicia

O Clúster Turismo de Galicia celebra hoxe e mañá dous workshops en Sevilla e Lisboa

Participan 23 empresas galegas, a iniciativa do Clúster e da Xunta “Galicia Destino Sostible” e Turismo de Galicia. O obxectivo é poñer en valor Galicia como […]
07 de Maio de 2024

O Clúster organiza o evento “Camiñando cara a sostibilidade: Encontro do club de produto Galicia Destino Sostible”

A xornada terá lugar o mércores, 15 de maio, no Museo Mega Estrella Galicia. O evento contará cun relatorio sobre a cartografía dun destino turístico rexenerativo […]
02 de Maio de 2024

O Clúster e a Xunta abordan a elaboración da Estratexia de Turismo 2030 da man de máis de 100 profesionais e expertos

Analizarán posibles solucións aos retos identificados polo sector no proceso de diagnóstico realizado a finais do pasado ano. A través de oito mesas de traballo, que […]