destacados

 Vigo e A Coruña melloran cifras fronte a Lavacolla, que descende un 2% até os 276,776

Agosto tamén marcou boas cifras para o conxunto dos aeroportos galegos, cun incremento do 5% no número de pasaxeiros que pasaron ao longo do mes por algún do tres aeroportos galegos, 471.683 en total. Peinador liderou o crecemento das terminais galegas, 102.230 pasaxeiros en agosto, o que supón un incremento interanual dun 33% . Máis de 90.000 pasaxeiros realizaron traxectos nacionais, mentres que case 12.000 foron internacionais. Respecto de Alvedro o crecemento foi do 3,4%, 92.000 pasaxeiros, destes, máis de 80.000 foron nacionais, segundo os datos recolleitos por AENA. A outra cara é a que rexistra Lavacolla, que a pesar de marcar o maior número de viaxeiros, 276.776, descendeu un 2% respecto ao mesmo período do ano pasado.

No acumulado do ano, os mellores resultados volven ser para o aeroporto de Vigo, con 644.667 viaxeiros, o que significa un 37,5% máis que o rexistrado entre xaneiro e agosto de 2015. En Santiago houbo 1.697.950 viaxeiros (+10,5%) e A Coruña tivo 696.190 pasaxeiros (+2,6%). No conxunto do tres terminais galegas, Galicia rexistrou neste oito primeiros meses do ano un total de 3.389.387, cifra que supuxo un crecemento do 26,3% no número de viaxeiros neste período.
Segundo os datos, rexístrase un incremento no tres terminais no número de operacións. A cifra máis alta tena Vigo, con 1.291 voos que se traduce nun aumento do 39,9%. A Coruña, con 1.561 voos aumenta un 31,2%, e Santiago un 0,8% como resultado dos seus 2.373 voos.

22 de Setembro de 2016

Sobe un 5% o número de pasaxeiros que usaron os aeroportos galegos en agosto

 Vigo e A Coruña melloran cifras fronte a Lavacolla, que descende un 2% até os 276,776 Agosto tamén marcou boas cifras para o conxunto dos aeroportos […]
22 de Setembro de 2016

Premios para todos na BTT Ruta do Viño Rías Baixas

A primeira edición desta marcha en bicicleta que terá lugar en Vedra o 2 de outubro inclúe tamén unha ruta de senderimo para os acompañantes Unha […]
21 de Setembro de 2016

Turismo Rural, Agora Tamén promociona conxuntamente o turismo rural e a súa oferta complementaria cun fam trip e sorteos

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, busca crear sinerxías no sector e mellorar a comercialización da oferta turísica O porto deportivo de Vilagarcía de […]
19 de Setembro de 2016

Shikoku e Galicia estreitan relacións

Unha delegación de empresarios e representantes destas illas xaponesas desprazáronse á nosa comunidade para estreitar lazos económicos e traballar na consolidación da ruta de peregrinación Unha […]