destacados

O bono turístico posto en marcha polo Clúster e a Xunta permitiu inxectar 300.000 euros no sector durante ese período.

 

As boas perspectivas coas que o sector turístico galego afrontou a pasada ponte de Todos os Santos víronse confirmadas e a afluencia de visitantes permitiu aos establecementos achegarse, e nalgúns casos lograr, ao cheo total. Xa o avanzaba nos días previos o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, ao sinalar que se prevía unha porcentaxe de ocupación de entre o 85 e o 95 %. E así o confirmou esta semana, finalizado xa a ponte, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda. O tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo explicou que, a pesar das choivas, a ocupación media durante esa longa fin de semana situouse entre o 85 e o 90 %, e que nalgunhas zonas concretas da comunidade chegou mesmo ao 100 %,.

 

Alfonso Rueda explicou que na consecución destas boas cifras xogaron un papel especial tanto o turismo rural como o termalismo e avogou por seguir potenciando ambos sectores fóra da tempada alta. Así mesmo, destacou que Galicia é un destino turístico que está de moda, tal como o demostran os datos que reflicten a recuperación do sector tras a pandemia.

 

O bono turístico posto en marcha pola Xunta e o Clúster baixo o lema #QuedamosEnGalicia tamén xogou un papel importante nos bos resultados do sector durante a pasada ponte. Entre o venres 29 de outubro e o luns 1 de novembro realizáronse un total de 1.400 operacións co devandito bono, o que supuxo unha inxección económica no sector de 300.000 euros. Desde o mes de xuño xa foron xa 14.417 operacións realizadas e 2.891.483 os euros os mobilizados. A previsión da Xunta é que ao termo do presente ano o diñeiro inxectado no sector grazas á esta iniciativa chegue aos 7,8 millóns de euros.

 

En paralelo á campaña #QuedamosEnGalicia desenvolveuse tamén o programa #ElixeGalicia, destinado a menores de 30 anos, familias e maiores de 55 anos, que puideron beneficiarse dunha oferta de máis de 4.300 prazas nas catro provincias galegas. Neste caso a inxección económica que recibiu o sector turístico no que vai de ano supera o millón de euros.

07 de Novembro de 2021

O turismo rural e o termalismo impulsaron o sector durante a ponte de Todos os Santos

O bono turístico posto en marcha polo Clúster e a Xunta permitiu inxectar 300.000 euros no sector durante ese período.   As boas perspectivas coas que […]
03 de Novembro de 2021

A promoción de experiencias relacionadas co Camiño protagoniza a presencia de Galicia no World Travel Market de Londres

O Clúster Turismo de Galicia organizou unha misión comercial á feira británica na que participaron máis de 20 profesionais e empresarios.   A promoción de experiencias […]
02 de Novembro de 2021

Ourense convértese na capital do turismo gastronómico con Xantar

A nova edición do salón internacional celébrase do 3 ao 7 de novembro e está centrada nos sabores das distintas rutas do Camiño de Santiago.   […]
30 de Outubro de 2021

O Clúster Turismo de Galicia asina un convenio coa Xunta para destinar 700.000 euros ata finais de 2022 para a creación e difusión de produto sostible

Entre as acción previstas destacan a creación dun club de produto, así como unha base de datos de establecementos e unha intranet.   O Clúster Turismo […]