destacados

  • A reunión contou coa participación da conselleira do Medio Rural, os directores de AGACAL e Turismo de Galicia, e membros do Clúster encabezados polo seu presidente, Cesáreo Pardal.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, encabezou a semana pasada unha reunión de traballo coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, para seguir fortalecendo os lazos de colaboración entre dous sectores clave para o desenvolvemento sostible do territorio galego: o turismo e o sector primario.

 

Ao encontro tamén asistiron o vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo, o tesoureiro Alfonso Martínez e representantes da Secretaría Técnica, xunto cos directores da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), Martín Alemparte, e de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.

 

Durante a reunión, abordáronse as sinerxías existentes entre a oferta turística e os produtos de calidade diferenciada do campo galego, e puxéronse en común novas vías de colaboración para seguir impulsando unha estratexia conxunta que potencie o posicionamento de Galicia a través da súa identidade gastronómica, o seu rural e a súa autenticidade.

 

Desde o Clúster púxose en valor o papel da oferta enogastronómica como unha das principais motivacións de viaxe a Galicia, ademais do seu potencial para xerar economía local, promover o territorio e contribuír á conservación das tradicións e paisaxes do rural.

 

A reunión enmárcase na estratexia do Clúster para seguir construíndo pontes entre os distintos axentes vinculados ao desenvolvemento turístico de Galicia, cunha visión integradora que pon no centro a sostibilidade, a innovación e o valor do territorio.

 

27 de Maio de 2025

O Clúster Turismo de Galicia reforza a súa colaboración con Medio Rural e Turismo de Galicia para impulsar a calidade alimentaria

A reunión contou coa participación da conselleira do Medio Rural, os directores de AGACAL e Turismo de Galicia, e membros do Clúster encabezados polo seu presidente, […]
20 de Maio de 2025

O Clúster Turismo de Galicia celebra esta semana dous workshops en Valencia e Oporto

Participan 26 entidades do sector, xunto con Turismo de Galicia, ‘Galicia Destino Sostible’ e Turismo de Sanxenxo.   Co obxectivo de seguir reforzando o posicionamento de […]
20 de Maio de 2025

O Clúster Turismo de Galicia pon ao dispor dos seus asociados invitacións para a Bolsa de Contratación de Turexpo Galicia 2025

A Bolsa ofrece a oportunidade de manter reunións axendadas con operadores turísticos nacionais e internacionais.   O Clúster Turismo de Galicia participará un ano máis en […]
14 de Maio de 2025

O Club de Produto Galicia Destino Sostible consolídase con máis de 130 empresas adheridas e 150 produtos

 A iniciativa, froito da colaboración entre o Clúster de Turismo e a Xunta para aglutinar nunha mesma plataforma a oferta de turismo sostible da Comunidade, está […]