destacados

O Clúster impulsa a presenza galega no Dixital Business Day previsto para o 17 de marzo.

 

A iniciativa do Clúster Turismo de Galicia de incentivar a participación dos representantes do sector turístico galego na xornada virtual programada para o próximo 17 de marzo no marco das actividades da ITB Berlín tivo unha boa acollida. Un total de 10 empresas responderon á chamada desta entidade e tomarán parte no Dixital Business Day que os organizadores da feira turística alemá programaron este ano para favorecer o encontro de operadores de todo o mundo máis aló dos actos centrais da ITB Berlín celebrados xa os días 8, 9 e 10 deste mes.

 

Este encontro networking do xoves 17 ten por obxectivo, en palabras dos seus promotores, “ofrecer aos compradores e provedores que aínda non se beneficiaron dos servizos de ITB Berlin a oportunidade de establecer redes e facer negocios”. “Con este servizo, ITB Berlín segue sendo fiel á súa misión de ofrecer á industria turística mundial unha plataforma global de creación de redes e, especialmente nestes tempos de proba, proporcionar unha perspectiva de negocio alternativa”, apuntan tamén.

 

Os representantes de Simply Galicia, Lar da Mota Boutique Hotel, Tee Travel, Experiencias del Destino, Hesperia A Coruña Centro, Oca Hotels, Galiwonders, Bodega Gil Armada, NH Hotel Group e Aviturga poderán reunirse en sesións de audio e vídeo cos contactos seleccionados pola organización en función dos intereses comerciais que comunicaron previamente, e participar en dúas sesións de  Speed ​​ Networking dunha hora de duración.

 

15 de Marzo de 2022

Unha decena de empresas galegas participarán na xornada virtual da ITB Berlín

O Clúster impulsa a presenza galega no Dixital Business Day previsto para o 17 de marzo.   A iniciativa do Clúster Turismo de Galicia de incentivar […]
14 de Marzo de 2022

Aloxamentos galegos amantes do coidado e a protección do mar

Faros reutilizados, excursións educativas pola ría e deseños abertos ao mar son as suxestións sostibles destes hoteis costeiros.   O mar en Galicia representa o 50% […]
13 de Marzo de 2022

O Clúster recolle nun libro as espectaculares imaxes do “Mar de ardora”

A obra, que será presentada o venres 18 en Cabana de Bergantiños, recompila as fotografías deste sorprendente fenómeno mariño tomadas por Ana Garcia.   As augas […]
08 de Marzo de 2022

A Xunta abre o prazo de adhesión das empresas turísticas ao novo bono Quedamos en Galicia

Os establecementos e as axencias de viaxes interesadas en participar nesta convocatoria dotada con 1,5 millóns de euros poderán presentar as súas solicitudes a partir do […]