destacados

A Xunta publicou as bases que regularán a convocatoria para a concesión das axudas para a certificación, seguimento ou renovación da Q de Calidade, concedidas polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). As axudas están dirixidas a establecementos de turismo rural, hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, cámpings, axencias de viaxes, servizos de restauración (cafetarías, bares e restaurantes) e empresas de servizos turísticos complementarios.

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, teñen aberto o prazo para a súa solicitude ata o 27 de xuño. Os conceptos subvencionables son os de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación e os dereitos de uso da marca Q no ano 2017.

Para poder optar a estas axudas é necesario ser unha peme e estar inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT). Para máis información pode visitar a web da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal, nos teléfonos 981 54 63 63 e 981 54 63 64 ou a través do correo: xerencia.turismo@xunta.gal.

Descarga a convocatoria no DOGA

29 de Maio de 2017

Aberto prazo para solicitar axudas para a certificación ou renovación da Q de Calidade

A Xunta publicou as bases que regularán a convocatoria para a concesión das axudas para a certificación, seguimento ou renovación da Q de Calidade, concedidas polo […]
26 de Maio de 2017

A Ruta do Viño Rías Baixas incrementa a súa lista de socios co Concello de Barro

O presidente, Juan Gil de Araujo, e o alcalde do Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández, formalizaron hoxe o convenio de adhesión polo que o municipio […]
25 de Maio de 2017

O CSHG acolle a cuarta xornada da Xira Hoteleria para falar sobre distribución hoteleira

Compostela acollerá o próximo 31 de maio o cuarto foro da Xira Hoteleria, unha iniciativa dirixida ao sector hoteleiro onde importantes empresas do sector danse cita […]
23 de Maio de 2017

O xogador Nikos Galis, protagonista da 3ª edición do Camiño acaba en Obradoiro

A iniciativa permitirá darlle visibilidade ao Camiño Inglés entre o 21 e o 25 de maio O Rio Natura Monbus Obradoiro aposta de novo pola combinación […]