destacados

Os retos de futuro e alternativas que teñen os hoteis independentes fose das grandes cadeas ou franquías, a innovación e o papel das novas tecnoloxías no emprendimiento hoteleiro ou a diferenciación, calidade e servizos que deben ofrecer os novos modelos hoteleiros en mercados maduros como o noso foron algúns dos aspectos que se abordaron na segunda edición do Foro Hoteleiro impulsado polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) que se celebrou en Santiago. O encontro, que contou coa participación de destacados profesionais de diferentes cadeas hoteleiras, directores de hoteis ou consultorías, foi clausurado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou a importancia deste tipo de foros para continuar situando a Galicia nun mercado como o actual, tan competitivo e globalizado. Castro destacou, ademais, a importancia da calidade e a formación na súa consecución así como na incorporación das novas tecnoloxías para seguir desenvolvendo un sector que definiu como “clave” para a economía galega.
A xornada desenvolveuse a través de dúas mesas redondas que contaron coa participación de Álvaro Lens, director do Hotel Blue Coruña, Albert Grau, socio-director de Mamga Hospitality Consulting; Jesús Seseña, director de desenvolvemento de Accor Hoteis en España e Portugal e Jorge Rosillio, direcotor de Hoteis en Savills Aguirre Newman nunha primeira mesa redonda ao redor dos hoteis independentes e as franquías que estivo moderada por Casimiro Coello, director de Alimarket. A continuación. Seguiulle unha segunda mesa redonda, centrada no empredimiento hoteleiro, que estivo a cargo de Ignacio Jiménez, socio fundador de Hidden Away Hotels; Juanjo Bande, Airbnb Host e consultor en Erentalsurvey; Gonzalo da Mata, fundador e CEO de Sleep’N Hotels e Jesús Rodriguez, direcotr asociado Horwhat HTL España e Portugal, baixo a moderación do director de relacións institucionais e tecnoloxía de Segittur, Víctor Badorrey. Nesta última mesa, os relatores abordaron a irrupción do fenómeno Airbnb así como os cambios na forma de comportamento e de consumo por parte dos clientes e o papel que as novas tecnoloxías xogaron nestes cambios.

11 de Abril de 2018

Innovación e retos de futuro para o sector do aloxamento galego protagonizan o II Foro Hoteleiro do CSHG

Os retos de futuro e alternativas que teñen os hoteis independentes fose das grandes cadeas ou franquías, a innovación e o papel das novas tecnoloxías no […]
10 de Abril de 2018

A internacionalización e o turismo deportivo marcaron a actividade de Expourense en 2017

O recinto ourensán fai balance da súa actividade en 2017, tempo durante o que acolleu 11 feiras, dúas delas internacionais (Xantar e Termatalia), e 29 eventos […]
09 de Abril de 2018

Ferrolterra-Rías Altas continuará en 2018 o despregamento do seu plan estratéxico de turismo activo coa posta en marcha de máis de 15 accións

A folla de ruta para a mellora da comercialización e posta en marcha de iniciativas de turismo activo no territorio comezou o ano pasado e conta […]
05 de Abril de 2018

A Deputación da Coruña segue dando pasos para a creación do Parque do Megalitismo da Costa da Morte

Tras a recuperación neste 2018 do proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte por parte da Deputación da Coruña, o proxecto vai cobrando forma, […]