destacados

Unha representación do Clúster Turismo de Galicia participou nun encontro en liña cos conselleiros de Economía, Emprego e Industria e Cultura e Turismo para traladarle unha batería de propostas específicas para un sector que representa o 10,4% do PIB galego

O presidente do CTG destacou que o sector se vai a atopar cun escenario moi diferente tras o coronavirus e necesita ferramentas para poder adaptarse aos cambios que se produzan na demanda turística e nos hábitos de consumidor

No marco dos encontros que leva mantendo o Clúster Turismo de Galicia cos diferentes departamentos e administracións vinculadas ao sector, esta tarde unha representación do Clúster Turismo de Galicia encabezada polo seu presidente, Cesáreo Pardal, mantivo unha reunión telemática cos titulares de Cultura e Turismo e con Economía, Emprego e Industria, Román Rodríguez e Francisco Conde, co obxectivo de traladarles unha batería de medidas no ámbito económico, fiscal e laboral especificamente destinadas ao sector turístico galego.

“Entendemos que é preciso tomar medidas específicas para o noso sector para mitigar na medida do posible o impacto do coronavirus sobre o armazón empresarial do sector turístico galego; medidas dirixidas a manter o emprego, axudar aos autónomos e autónomas, inxectar liquidez, flexibilizar políticas fiscais, revisar normativa e regulamentación e impulsar a resiliencia de todos os membros do sector, axudándolles a reinventarse e reorientar os modelos de negocio ante unha realidade moi diferente que nos atoparemos tras o coronavirus”, explicou Pardal.

A flexibilización e a liquidez resumen o conxunto de medidas presentadas esta tarde na ruenión conxunta celebrada con Román Rodríguez e Francisco Conde. Unhas propostas que veñen complementar as que o CTG presentou á Xunta en marzo. Entre elas o Clúster fixo fincapé en solicitar prórrogas para os ERTEs por causa maior despois do estado de alarma e a exención de non reducir persoal nos 6 meses posteriores ao final do ERTE xa que as empresas non van ter demanda para manter estes persoais.

No tocante ás políticas fiscais, desde o CTG solicítase o adiamento o maior tempo posible e sen custo as cotas da Seguridade Social e o IVE para todas as empresas e autónomos, así como unha redución dos prazos de reembolso das liquidacións que saian a devolver, ademais de facilidades para acceder ao financiamento.
“O sector trasládanos dificultades e trabas para acceder a axudas do IGAPE polo que solicitamos que estas liñas de financiamento adáptense á realidade do sector turístico, axilizando procedementos burocráticos, adaptando os requerimentos á realidade empresarial galega e flexibilizando liñas de axuda”, explicaron os representantes do CTG.

Formación e reinserción laboral

Tamén se lle trasladaron a ambos os conselleiros a necesidade de que ambos os departamentos da Xunta traballen para a posta en marcha de políticas de reinserción laboral e adquisición de competencias pola vía da formación para os traballadores do sector turístico que teñan que recolocarse noutros sectores. Neste sentido, reclaramon programas de reciclaxe e adquisición de competencias, aposta polo emprendimiento e o estudo da implantación dunha aceleradora de referencia e de ámbito autonómico.

Finalmente, e de face á situación do sector post coronavirus, a representación do Clúster destacou a necesidade de apostar máis que nunca pola implantación do TIC na empresa turística para adaptarse aos cambios que se produzan na demanda turística e nos hábitos de consumidor, dotándoos de maior capacidade de reinvención e reorientación de modelos de negocio. Ademais, lembraron á Xunta a necesidade de que aposte decididamente pola posta en marcha do Laboratorio de Innovación Turística de Galicia, que faría posible a chegada efectiva destas innovacións á empresa turística.

17 de Abril de 2020

Liquidez, flexibilidade fiscal e laboral, medidas para mitigar o impacto do coronavirus no sector turístico

Unha representación do Clúster Turismo de Galicia participou nun encontro en liña cos conselleiros de Economía, Emprego e Industria e Cultura e Turismo para traladarle unha […]
20 de Marzo de 2020

O Clúster Turismo de Galicia traslada á Xunta medidas complementarias de apoio ao sector turístico galego

Os profesionais turísticos consideran prioritario pór en marcha medidas especiais de flexibilización de impostos e incentivos directos para paliar o duro golpe que está a sufrir […]
19 de Marzo de 2020

A Xunta mantén contacto co sector turístico para para preparar o peche que o Goberno central prevé decretar dos aloxamentos turístcios

Considera necesario establecer aloxamentos de garda en cada unha do sete cidades da Comunidade para as persoas que por diferentes circunstancias, tanto persoais como laborais, non […]
13 de Marzo de 2020

O sector turístico galego apoia medidas estritas para minimizar o impacto do coronavirus en Galicia

Representantes do sector turístico galego trasladaron ao conselleiro de Cultura e Turismo a súa preocupación polo impacto económico que esta crise vai supor para o sector […]