Culler de Pau convértese no primeiro restaurante galego con dúas estrelas Michelín

A prestixiosa guía recoñece a calidade de 15 establecementos en Galicia, concede catro novas estrelas, un Bib Gourmand e tres estrelas verdes

O restaurante Culler de Pau do Grove, dirixido polo chef Javier Olleros, converteuse no primeiro de Galicia en recibir un recoñecemento de dúas estrelas da Guía Michelín.

Ademais, recibiron unha estrela o Silabario, de Vigo; o Eirado da Leña, de Pontevedra e o Miguel González, de Pereiro de Aguiar.

O restaurante O Balado de Boqueixón recibiu o recoñecemento Bib Gourmand pola súa relación calidade-prezo.

Por primeira vez na súa historia, a Guía Michelín outorgou “estrelas verdes” a establecementos que destacan polo uso de produtos naturais e ecolóxicos. En Galicia, Culler de Pau, Pepe Vieira e O Balado recibiron esta estrela.

Manteñen a estrela que tiña ata agora o restaurante Pepe Vieira de Poio; o Árbore da Veira, da Coruña; As Garzas, de Malpica; o Retiro da Costiña, en Santa Comba; A Tafona, de Santiago de Compostela; Casa Marcelo, tamén de Santiago; Maruja Limón, de Vigo e Nova de Ourense.