destacados

En dúas xornadas de traballo mantiveron contacto directo con 44 empresarios do sector turístico galego que viaxaron en misión comercial

A iniciativa permite establecer sinerxías e achegar a oferta turística galega en puntos emisores de turismo nacional e conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo
Máis de 200 profesionais do sector turístico de Galicia e Andalucía déronse cita nas dúas xornadas de traballo que o Clúster Turismo de Galicia impulsou en Málaga e Sevilla no marco da terceira edición dos Workshops de Proximidade que se celebraron este martes e miércoes en Málaga e Sevilla. A misión comercial, na que participaron 44 empresas do sector turístico galego (alojamintos, turoperación, adegas…) permitiron achegar a oferta turística galega á intermediación andaluza, entre as que se atopaban as principais axencias de viaxe e turoperación de Málaga e Sevilla. Ambas as cidades foron os dous destinos elixidos este ano polo Clúster Turismo de Galicia para dar a coñecer Galicia como destino de proximidade entre os profesionais do sector turístico nacional, xunto con Lisboa, que acollerá a próxima semana o último dos workshops de proximidade este ano.

“Queremos que coñezades mellor Galicia, queremos que veñades visitala para que poidades vendela”, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que destacou a importancia de levar a cabo este tipo de accións en mercados de proximidade que “permítennos coñecer mellor as necesidades dos mercados de orixe para poder mellorar a comercialización e a promoción do destino Galicia”.

Unha iniciativa consolidada

En ambas as cidades os profesionais do sector turístico destes territorios mantiveron encontros agendados cos empresarios galegos co obxectivo de xerar novas sinerxías con outros turoperadores, dar a coñecer produtos ou servizos ou fortalecer o networking.

Os encontros de traballo completáronse, ademais, cun cóctel a partir de produtos e elaboracións 100% galegas, elaboradas polo cociñeiro coruñés, Pablo Galego, así como animación musical a cargo do grupo de folk Son de Seu e sorteos entre a turoperación andaluza de máis dun centenar de estancias en hoteis así como experiencias enogastronómicas en todo o territorio galego valoradas en máis de 12.000 euros.

Con esta edición xa son tres os anos que o Clúster Turismo de Galicia leva con esta iniciativa, na que os profesionais do sector turístico galego elixen destinos turísticos situados na península, ben comunicados con Galicia e que sexan xeradores de fluxos turísticos cara ao noso territorio, ideal tanto para estancias longas como para city breaks como as escapadas en pontes, festivos ou fins de semana.

A iniciativa conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, que participou tamén cunha caseta de Turismo de Galicia, complementando os contactos comerciais cos labores de promoción do destino Galicia.

24 de Outubro de 2019

Preto de 150 turoperadores andaluces déronse cita nos workshops do Clúster de Turismo en Málaga e Sevilla

En dúas xornadas de traballo mantiveron contacto directo con 44 empresarios do sector turístico galego que viaxaron en misión comercial A iniciativa permite establecer sinerxías e […]
22 de Outubro de 2019

O Clúster Turismo de Galicia celebra dúas misións comerciais en Andalucía para dar a coñecer a oferta turística galega

Un total de 45 empresarios galegos manterán encontros coa turoperación de Málaga e Sevilla en senllas xornadas de traballo O CTG dá continuidade así aos workshops […]
21 de Outubro de 2019

Galicia Destino Activo aposta polo País Vasco para a presentación dos seus produtos

O Clúster de Turismo de Galicia organiza o próximo 29 de outubro en Bilbao un workshop para mostrar a axencias de viaxe vascas o produto de […]
17 de Outubro de 2019

Galicia Destino Familiar lanza unha promoción para que os nenos viaxen gratis a Galicia este outono

Na súa aposta por impulsar medidas que faciliten a elección de Galicia como destino vacacional ideal para as familias, o Clúster Turismo de Galicia, a través […]