destacados

O informe sobre innovación turística elaborade pola ESADE en colaboración con Caixabank destaca a falta de aposta do turismo galego pola innovación e as novas tecnoloxías

Tanto o informe de Esade Creapolis como o de Caixabank son descargables na web do CTG

No marco da xornada sobre innovación e retos do sector turístico galego celebrada na Cidade da Cultura de Galicia fixéronse públicos dous informes, un sobre innovación no sector turístico, que elaborou Esade Creapolis, o hub de Esade para o impulso de solucións innovadoras con impacto social e empresarial, e outro de análise do sector turístico nacional e galego, a cargo de Caixabank. Ambos son descargables ao completo na nosa zona de desacargas da web.

Ambos facían unha análise de como é o sector turístico galego, destacando o seu peso específico como sector no conxunto do territorio e a propia idiosincrasia do turismo galego, resaltando o informe de Caixabank a necesidade de que o sector turístico galego siga apostando por un turismo de calidade que lle axude na diferenciación. No caso do informe de Innovación, entre as principais conclusións destaca que as pemes e microempresas turísticas galegas representan o 78% do conxunto da oferta turística galega, cun maior peso das empresas non innovadoras (68%).

O informe destaca a falta de interese maioritario da empresa polo cambio dixital, apostando por mellora e desenvolvemento do produto, xestión da imaxe do establecemento, e mellora das canles antes que por aspectos como realidade virtual ou economía colaborativa, non expóndose un cambio de modelo de negocio.
Entres as súas preocupacións de face ao futuro destaca a alta estacionalidade, a falta de planificación dos negocios, e o valor da marca de Galicia, que o valora máis o sector público que o privado, que demanda máis investimento público no sector. De face ao futuro, inquieta o cambio de hábitos dos consumidores, os prezos máis baratos, e os custos ambientais, aínda que a rendibilidade é positiva e espérase que mellore no horizonte do próximos cinco anos

O informe, destaca finalmente unha serie de propostas de acción para mellorar o sector entre as que destaca a modernización das pemes en canto a infraestruturas e equipamentos pero tamén en canto a diversificación de produtos, apostando por novos produtos turísticos e pola xeración de produtos complementarios aliñados coa sensibilidade dos novos viaxeiros, que buscan experiencia nuvas e valoran o uso de tecnoloxías, a conexión con comunidade local, o respecto pola contorna, a personalización e a autenticidade das experiencias. Ademais, o informe recomenda unha aposta polo asociacionismo e pola planificación e promoción conxunta de produtos turísticos, adaptando a oferta á demanda e buscando nichos onde sexa existosa a promoción destes produtos.

10 de Marzo de 2020

Retrato do sector turístico galego

O informe sobre innovación turística elaborade pola ESADE en colaboración con Caixabank destaca a falta de aposta do turismo galego pola innovación e as novas tecnoloxías […]
03 de Marzo de 2020

O sector turístico galego mantén contacto coa Xunta para coñecer as liñas de actuación fronte ao coronavirus

O Clúster Turismo de Galicia mantivo esta mañá un encontro coa Consellería de Cultura e Turismo e o SERGAS para coñecer os avances en protocolos e […]
02 de Marzo de 2020

Charlas informativas para que os propietarios das Vivendas de Uso Turístico coñezan as ferramentas á súa disposición para remitir, entre outros, os datos de ocupación

A Xunta pon en marcha este mes de marzo un ciclo de xornadas formativas no catro provinicias galegas para achegar aos propiestarios de Vivendas de Uso […]
27 de Febreiro de 2020

Formación, sensibilización e colaboración, claves para implantar as novas tecnoloxías no turismo galego

Organizado polo Clúster TIC e o Clúster de Turismo de Galicia a iniciativa serviu para achegar a estes dous colectivos, coñecer as tecnoloxías disruptivas nas que […]