Nace a primeira aceleradora de empresas de Galicia especializada en turismo

Nace a primeira aceleradora de empresas de Galicia especializada en turismo

A aceleradora Turislab seleccionará dez proxectos e axudará a atopar financiamento

A primeira aceleradora galega especializada en Turismo presentouse hoxe nas instalacións de Turislab, na Escola Superior de Hostalaría de Galicia. É unha iniciativa que seleccionará dez proxectos co obxectivo de poñer en contacto o talento co investimento. É un xeito de facer viables proxectos de persoas e empresas emprendedoras en Galicia, nun momento no que é necesario sacar a actividade turística con talento e novas ideas. Á presentación asistiron o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro e o director do proxecto, David Villar.

(Foto: Xaime Cortizo)