destacados

  • O presidente e vicepresidente do Clúster, Cesáreo Pardal e Jesús Picallo, reuníronse co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director de Turismo de Galicia.

 

O Clúster de Turismo de Galicia reuniuse co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, nun encontro de traballo orientado a reforzar as sinerxías entre a Administración autonómica e o sector turístico galego en materia de xeración de emprego, captación de talento e valorización das profesións turísticas.

 

Durante a reunión, na que participaron o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, o vicepresidente, Jesús Picallo, xunto con varios integrantes da secretaría técnica, trasladouse á Xunta unha selección das medidas prioritarias da Estratexia do Turismo de Galicia 2030, centradas na mellora da empregabilidade e na dinamización económica do territorio a través do turismo. O Clúster destacou a necesidade de actuar de maneira coordinada para responder aos retos laborais actuais, apostando pola innovación, a formación e o relevo xeracional no sector.

 

Entre as propostas seleccionadas, o Clúster destacou os programas de apoio a produtos turísticos innovadores, que promovan a colaboración entre o turismo e outros sectores estratéxicos como o comercio e a industria.  Tamén se abordou a necesidade de desenvolver accións dirixidas á valorización das profesións turísticas, co obxectivo de mellorar a percepción social do sector e fomentar as vocacións entre a mocidade.

 

Outro dos puntos destacados foi a importancia de impulsar mecanismos que faciliten o relevo xeracional, a recuperación do talento emigrado e a contratación de persoas desempregadas, a través de programas conxuntos que combinen formación, incentivos e acompañamento. O Clúster defendeu a súa vontade de colaborar na configuración de iniciativas que respondan á realidade do emprego turístico en Galicia e contribúan a fixar poboación no territorio.

 

O Clúster de Turismo de Galicia agradeceu a receptividade da Xunta e manifestou o seu compromiso por seguir a traballar de maneira colaborativa coas distintas consellerías para consolidar un sector turístico máis forte, competitivo e sostible, capaz de xerar emprego de calidade e de contribuír ao desenvolvemento social e económico de Galicia.

 

05 de Maio de 2025

O Clúster de Turismo de Galicia traslada á Xunta propostas clave para impulsar o emprego no sector turístico

O presidente e vicepresidente do Clúster, Cesáreo Pardal e Jesús Picallo, reuníronse co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director de Turismo […]
29 de Abril de 2025

As empresas incorporadas ao SIMADA destacan a utilidade da ferramenta para a toma de decisións estratéxicas

Co SIMADA é posible monitorizar datos de apertura de establecementos, capacidade dispoñible, contratación, provisionamiento, fixación de prezos, datos de ocupación… e moito máis.   As empresas […]
29 de Abril de 2025

O Clúster lanza ‘+ Galicia, + Sostible’, unha nova campaña de promoción turística que convida a visitar Galicia de forma consciente con ‘Galicia Destino Sostible’

A campaña divídese en dúas vagas, de abril a maio e de outubro a novembro de 2025. Unha landing web, sorteos en redes sociais, unha peza […]
14 de Abril de 2025

O Clúster lembra que os establecementos hostaleiros poden adherirse a Hostalería #PorElClima

Os establecementos que se sumen poderán participar no sorteo dun bono climático valorado en 1.000 euros.   O Clúster Turismo de Galicia continúa promovendo a sostibilidade […]