destacados

A embarcación do proxecto “Río Miño, un destino navegable” xa realizou a súa travesía de presentación.

 

A consolidación do tramo do Miño que traza a fronteira entre Galicia e Portugal como un destino turístico de referencia, único e diferenciador é o obxectivo principal de “Río Miño, un destino navegable”, un proxecto no que participan a Xunta(a través da Axencia Turismo de Galicia e a Dirección  Xeral de Patrimonio Natural), Turismo do Porto e Norte de Portugal e catro municipios de ámbalas marxes: os galegos Salvaterra e Tui, e os portugueses Valença e Monçao. Entre as iniciativas previstas figuran a mellora da navegabilidade do tramo de 16 quilómetros de lonxitude comprendido entre as pontes internacionais que une Tui e Valença e Salvaterra e Monçao, a modernización dos embarcadoiros, a sinalización e a promoción da marca Visit Río Miño.

 

O traballo desenvolvido por ambas partes e financiado a través dos fondos europeos  Feder con 1,1 millóns de euros, xa está a dar os seus froitos coa posta en marcha dunha ruta fluvial que permitirá sucar as augas do Miño nunha embarcación turística e deterse nas dúas beiras para descubrir os seus distintos atractivos.

 

A embarcación realizou o venres 17 de decembro a súa viaxe de presentación desde o embarcadoiro de Salvaterra e no marco dun acto celebrado para dar a coñecer os pormenores do proxecto. O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, encabezou a comitiva que puido gozar desta viaxe inaugural e que estaba formada polos alcaldes dos catro municipios participantes e diversos representantes do sector turístico como o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo  Pardal.

 

Está previsto que a embarcación comece as súas viaxes para o público en datas próximas e que desenvolva a súa actividade durante os períodos vacacionais, as fins de semana e os festivos. A reserva de prazas será xestionada a través da plataforma https://www.hemisferios.org/e do teléfono 620 900 265.

19 de Decembro de 2021

Galicia e o Norte de Portugal alíanse para fomentar o turismo fluvial

A embarcación do proxecto “Río Miño, un destino navegable” xa realizou a súa travesía de presentación.   A consolidación do tramo do Miño que traza a […]
16 de Decembro de 2021

Nace Rimartes, un proxecto de turismo experiencial artellado en torno ao patrimonio subacuático

O vicepresidente do Clúster Turismo de Galicia participou na posta de longo en Lariño desta iniciativa dos GALP Costa Sostible, Costa da Morte e Golfo Ártabro […]
15 de Decembro de 2021

O papel da sustentabilidade, o patrimonio e as experiencias para forxar un destino turístico competitivo, a debate o próximo 21 de decembro en Cambados

O Clúster promove este encontro networking en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia.   Empresas turísticas, xestores […]
13 de Decembro de 2021

A Xunta confía ao Clúster Turismo de Galicia a promoción da comunidade como destino seguro e a procura de novos consumidores

As dúas partes asinarán un convenio que permitirá destinar 1,5 millóns de euros durante os próximos 3 anos á realización de campañas, a participación en feiras […]