destacados

Os asociados mantiveron ao redor de medio centenar de encontros profesionais, entre os propiciados polo Clúster e os das súas propias axendas

Conclúe a segunda misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres cun bo número de encontros profesionais agendados e coa apertura de contacto con 20 turoperadores británicos interesados na oferta turística galega. En total desde o Clúster Turismo de Galicia hase agendado 24 encontros profesionais cos asociados que conformaron a misión comercial – trinta e total de diferentes ámbitos do sector-, que mantiveron así unha activa axenda de networking. A estes encontros hai que engadir, ademais, os realizados pola súa conta por cada un dos profesionais que acudiron a esta feira de turismo internacional, a máis importante para o sector.

Tratándose dun mercado maduro como o británico, cun alto coñecemento da rexión e a súa potencialidade como destino turístico, moitos dos turoperadores que mantiveron encontros de traballo co sector galego fano buscando produto turístico especializado e de calidade, vinculado a diferentes nichos de mercado, entre os que destacaron especialmente o turismo activo e de aventura ? buscando establecer lazos co turismo enogastronómico-, o turismo de luxo e o cultural, ademais de que hai interese en descubrir novas rutas ou novas experiencias vinculadas ao Camiño de Santiago, máis aló da tradicional ruta a pé ou en bicicleta.

Entre as novidades tamén destacou a demanda de turoperadores de actividades vinculadas á observación da natureza, co obxectivo de desenvolver tours en Galicia vinculados, por exemplo, á ornitoloxía.

Traballo con continuidade
Ademais, seguiuse traballando os vínculos abertos na edición pasada, co obxectivo de continuar afianzando o traballo iniciado na edición pasada da WTM. “Este tipo de encontros profesionais permítennos coñecer mellor as demandas dun mercado de tanto interese para nós como é o mercado británico, o segundo en peso en viaxeiros internacionais, despois de Portugal” explicou o presidente do Clúster do Turismo de Galicia, Francisco González, que destacou a importancia de xerar encontros que deben seguir traballándose a medio e longo prazo.

09 de Novembro de 2016

A misión comercial á World Travel Market conclúe con máis de 20 turoperadores británicos contactados

Os asociados mantiveron ao redor de medio centenar de encontros profesionais, entre os propiciados polo Clúster e os das súas propias axendas Conclúe a segunda misión […]
09 de Novembro de 2016

Santiago acolle Compostela Ilustrada para incentivar o turismo dos retratistas de cidades

Impulsado polo debuxante MiguelAnxo Prado co apoio do concello, Santiago acolle do 11 ao 13 de novembro unha nova iniciativa, Compostela Ilustrada que pretende convocar a […]
08 de Novembro de 2016

Unha trintena de profesionais fórmanse en Vigo no uso de bases de datos no sector turístico

Dentro do Plan de Formación impulsado polo Clúster Turismo de Galicia para a mellora das habilidades profesionais e capacitación do sector, celebrouse en Vigo un novo […]
08 de Novembro de 2016

V Cata Amateur, paseo en catamarán e unha actividade accesible centran a programación polo Día Europeo do Enoturismo

As actividades especiais terán lugar o fin de semana do 12 e 13 de novembro A Ruta do Viño Rías Baixas xa ten lista a súa […]