destacados

O profesor Rafael Vallejo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, e as docentes de a Universidade da Coruña, Elvira Lindoso e Margarita Vilar, membros do grupo Turhisgal son os autores dun estudo publicado na Revista da Historia da Economía e da Empresa no que analizan por primeira vez o peso do turismo en España no primeiro terzo do século XX. Baixo o título Os antecedentes do turismo de masas en España. 1900-1936, o traballo analiza esta fase de “fermento turístico” dunha forma innovadora, xa que nestas datas non existían aínda as estatísticas turísticas, que se comezarían a publicar a partir de 1929. Por iso os investigadores botaron man de ferramentas cuantitativas alternativas, como a Estatística Administrativa da Contribución Industrial e de Comercio, os Anuarios financeros das Sociedades Anónimas, cifras do Padroado Nacional de Turismo, Anuario Estatístico de España, etc. para suplir esta falta de información, ademais de usar as hemerotecas dixitais da prensa escrita para elaborar un Índice de Intensidade Mediática do Turismo e outro sobre Balnearios.

O achegamento cuantitativo aos inicios do turismo en España permitiu aos investigadores galegos obter algunhas conclusións sobre o impacto deste sector na economía e sobre a oferta de establecementos e equipamentos turísticos como balnearios, baños, hoteis, etc. Sitúan nesta primeira parte do século o nacemento da “industria dos forasteiros”, que non hai que identificar exclusivamente coas persoas estranxeiras, senón tamén co turismo interior. A comezos de século é un “fenómeno elitista, que se vai estendendo progresivamente e no ano 30 certos sectores das clases medias xa participan destas prácticas”, explican os investigadores. De feito, a principios de século “cidades como Santander ou San Sebastián eran xa cidades turísticas, onde este tipo de actividades achegaban uns ingresos significativos e había xa unha industria relacionada con esta actividade”. Empezan a xurdir axentes persoais e públicos, ábrense hoteis e balnearios, axencias de viaxes, ofrécense paquetes de produtos, ponse en marcha transporte especializado, etc. e arrinca tamén a política turística para xestionar este novo sector con potencial de crecemento.

Destinos turísticos en Galicia

En Galicia desputan como destinos turísticos Pontevedra, Santiago, Coruña e Vigo, cidades estas dúas últimas favorecidas na década de 1930 pola expansión do turismo marítimo de cruceiros, a pesar de ser os anos de contracción económica, pois as compañías navieiras inclináronse polo turismo para compensar a caída da emigración e do tráfico de mercadorías. Por exemplo, en Vigo formouse en 1933 a Sociedade Anónima de Iniciativas Turísticas sendo un dos seus fundadores Estanislao Durán, impulsor de varias iniciativas relacionadas co turismo nesta época. Galicia foi avanzando así nestas décadas en equipamento e oferta para recibir visitantes, apoiándose nunha primeira etapa principalmente no termalismo, con establecementos tan destacados como o Balneario de Mondariz ou o da Toxa para dar paso a outro tipo de oferta menos medicinal e máis turística, de lecer e cultural.

Este traballo destes investigadores será presentado ademais, con novas cifras o próximo mes de xuño en VI Conferencia de IATE (International Association for Tourism Economics), que se celebrará en Rimini (Italia) baixo o auspicio da Universidade de Bolonia.

15 de Febreiro de 2017

Un traballo das Universidades de Vigo e A Coruña analiza as bases do desenvolvemento do turismo en España entre 1900 e 1936

O profesor Rafael Vallejo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, e as docentes de a Universidade da Coruña, Elvira Lindoso e Margarita Vilar, […]
09 de Febreiro de 2017

Arrinca o programa #UpDatePeme para reducir a fenda dixital nas empresas galegas

Amtega inaugurará este novo programa cunha sesión dedicada ao sector turístico o próximo 23 de febreiro Co obxectivo de reducir a brecha entre a tecnoloxía existente […]
09 de Febreiro de 2017

Turoperados galegos participan en viaxes de familiarización no Norte de Portugal

No marco dunha iniciativa promovida por Turismo de Porto e Norte de Portugal (TPNP) en colaboración coa Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa e o Clúster […]
08 de Febreiro de 2017

Turismo de Galicia reforza a sinalización ecuestre do Camiño Mozárabe

O Camiño Mozárabe ao seu paso por San Cristovo de Cea estreou sinalización para a súa ruta ecuestre, unha tarefa que contou coa colaboración para a […]