destacados

  • Babadiva, AN sustainable Project, Hotel Casa Savi, Restaurante El Oviedo, Hotel Rías Altas e Camping Islas Cíes son as seis novas empresas que xa forman parte do club Galicia Destino Sostible.
  • Esta iniciativa conta actualmente con máis de 150 experiencias e máis de 85 empresas adheridas, e segue aberta a recibir novos membros.

 

A marca Galicia Destino Sostible segue medrando, sumando nesta ocasión ata seis novas incorporacións. Durante a reunión do pasado xoves, 11 de xaneiro, o comité de avaliación acordou aceptar as solicitudes de adhesión presentadas polos responsables de Babadiva Babadiva, AN sustainable Project, Hotel Casa Savi, Restaurante El Oviedo, Hotel Rías AltasCamping Islas Cíes.

 

Estas empresas súmanse a un grupo do que forman parte os sectores das axencias de viaxe, restauración, aloxamento e a oferta turística complementaria. Neste momento o club ofrece máis de 150 experiencias que proveñen de máis de 85 empresas diferentes.

 

O Club de Produto Galicia Destino Sostible é unha iniciativa posta en marcha no ano 2022 polo Clúster Turismo de Galicia co apoio e financiamento da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é integrar e poñer en valor a oferta turística da Comunidade que contribúe ao crecemento sostible do destino, e convertelo en referente no ámbito nacional e internacional. Esta marca articúlase como un club de produto turístico que integra toda a oferta turística galega respectuosa co medio ambiente, a cultura e a sociedade.

 

A través da súa web galiciadestinosostible.com conecta a turistas e empresas, facilitando o acceso a toda a oferta turística sostible de Galicia. Neste portal atópanse desde rutas en camper, barco, en bicicleta ou a pe, ata paquetes turísticos que combinan aventura, deporte, gastronomía, enocultura e aloxamento.

 

Se tes unha empresa e queres formar parte do club, podes solicitar a túa adhesión a través do formulario habilitado na web. Lembra que se posúes algunha certificación oficial de sustentabilidade (S do ICTE, Biosphere, Green Key, EU Ecolabel, Green Globe21, Travellife, Rainforest Alliance Certified, Estrela Verde da Guía Michelin…) etc., ou unha certificación ambiental (ISO 14000, EMAS…) poderás adherirte directamente, xa que estas certificacións considéranse requisito habilitante. Se non posúes ningunha, poderás adherirte se cumpres o 100% dos requisitos obrigatorios e, polo menos, o 33% dos considerados valorables. Para obter máis información podes contactar a través do número 881 505 102 ou do correo electrónico info@galiciadestinosostible.com.

16 de Xaneiro de 2024

Seis novas empresas súmanse ao Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’

Babadiva, AN sustainable Project, Hotel Casa Savi, Restaurante El Oviedo, Hotel Rías Altas e Camping Islas Cíes son as seis novas empresas que xa forman parte […]
11 de Xaneiro de 2024

O Clúster Turismo de Galicia apela á responsabilidade nas manifestacións sobre as consecuencias dos pellets nos produtos do mar e nos areais

Mostra a súa preocupación pola repercusión que declaracións sen fundamento científico poden ter na reputación da gastronomía ou o turismo galego. Desde o sector lembran os […]
26 de Decembro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia colabora coa Xunta de Galicia na posta en marcha do carné +65

Esta tarxeta, para os cidadáns maiores de 65 anos, ofrece descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia. As entidades interesadas en colaborar na […]
19 de Decembro de 2023

A Xunta e o Clúster pechan o proceso de consulta para elaborar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030 con 1.000 participantes

Un total de 400 axentes privados e públicos do sector participaron nas 20 mesas de traballo celebradas desde outubro e outros 600 o fixeron a través […]