Os visitantes das Illas Cíes deberán contar a partir desta semana Santa con autorización para comprar o billete á navieira

Os visitantes das Illas Cíes deberán contar a partir desta semana Santa con autorización para comprar o billete á navieira

A partir desta próxima Semana Santa entrará en vigor en novo sistema de acceso ao Parque Natural das Illas Atlánticas. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio implantará así un novo modelo de acceso ás Illas Cíes baseado na emisión dunha autorización personalizada para cada visitante. Cada usuario será quen solicite permiso para acceder ao arquipélago a través da central de reservas habilitada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), seguindo o modelo instaurado xa na Praia das Catedrais.
Os visitantes poderán reservar a través desta web ata 25 prazas por solicitude, na que se consignará nome, apelidos, documento de identificación, sexo e ano de nacemento. As autorizacións enviaranse por correo electrónico ao solicitante ou poderán descargarse desde a propia páxina web.
Unha vez que o visitante dispoña xa da súa autorización, de carácter persoal e intransferible e dotada de códigos de control QR, número de autorización e nome e apelidos, poderá elixir a navieira coa que quere desprazarse ata as Cíes. Ao desembarcar nas illas deberá presentar no propio peirao a súa autorización personalizada e emitida pola Xunta, tendo en conta que este é o único documento válido para poder acceder ao arquipélago.

Sorteo de franxas horarias
A próxima semana procederase ao sorteo para adxudicar as diferentes franxas horarias nas que poderán operar cada unha do sete navieras autorizadas para atracar nas illas, todas elas empresas autorizadas pola Dirección Xeral de Mobilidade e pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, responsable do control dos accesos ao espazo natural. As navieiras poderán vender as súas pasaxes para o transporte ata as illas, pero para acceder ao arquipélago o visitante deberá contar coa autorización emitida pola Xunta de Galicia, que é persoal e intransferible, e está dotada de códigos de control QR, dun número de autorización e dos seus datos de identificación. A operadora terá o deber de comprobar a existencia desta autorización antes de emitir o billete e non poderá transportar a Cíes pasaxeiros que carezan da mesma

Conservación, seguridade e ordenación do acceso
Coa posta en marcha deste novo sistema a Xunta presente evitar a posible sobre venda de billetes por parte das empresas de transporte que viaxan ao arquipélago. Por razóns de conservación, ordenación do uso público e seguridade limitarase o número de frecuencias de desembarco de navieiras, reducindo de maneira importante as frecuencias, sen reducir o número de visitantes totais, que será de 2.000 en liña regular. Esta autorización estará vixente durante os seguintes períodos de 2018: Semana Santa (é dicir, de 23 de marzo a 1 de abril), o últimos tres días do mes de abril e os festivos de maio, no período de verán (de xuño a setembro) e os fins de semana e festivos de outubro.
Nos próximos días, as navieiras recibirán no seu domicilio social as autorizacións para levar a cabo o desembarco de pasaxeiros, os deberes que teñen co espazo protexido e a data concreta do sorteo, que se celebrará a próxima semana nas oficinas do Parque Nacional e no que a cada empresa asignaránselle uns horarios mínimos nas distintas franxas horarias de mañá e de tarde.