destacados

  • Concedidas en réxime de concorrencia competitiva, a partida está dotada con 210.000 €, dos cales 160.000 € corresponden ás entidades privadas.
  • A convocatoria está aberta ata o 8 de xullo ás 23:59 horas.

A Xunta de Galicia convoca as subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxectivo da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sostibilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sostibilidade (ICTES).

 

Estas subvencións teñen por obxecto contribuír á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTES, correspondentes ao ano 2024. Tamén serán obxecto destas axudas os custos derivados dos procesos de certificación, seguimento e ou renovación da marca S de Sostibilidade Turística do ICTES do ano 2024 para aquelas persoas ou entidades que conten coa certificación Q de Calidade Turística.

 

A liña de axudas, que se concederá en réxime de concorrencia competitiva, xa se pode solicitar ata as 23:59 horas do 8 de xullo. Poderán optar a esta subvención tanto os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local (Categoría 1) coma as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos (Categoría 2).

 

Considéranse gastos subvencionables os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema (excluídos os gastos de implantación) correspondente ao ano 2024; os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q e/ou da marca S no ano 2024;  e os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, así como as cotas dos dereitos de uso da marca S de Sostibilidade Turística do ICTE do ano 2024 para aquelas persoas ou entidades que conten previamente e/ou ao mesmo tempo coa certificación Q de Calidade Turística.

 

A subvención conta cun crédito total de 210.000 €, dos cales 160.000 € se destinan a entidades privadas. Podes acceder á convocatoria a través da sede electrónica oficial da Xunta de Galicia, código de procedemento TU970A. Para máis información podes contactar no correo fomento.turismo@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 63 67 ou 981 54 63 60.

 

Servizo de asesoramento do Clúster

 

No marco dos convenios de colaboración coa Xunta de Galicia-Axencia Turismo de Galicia, e co obxectivo de simplificar o proceso ás entidades interesadas, o Clúster puxo á disposición das organizacións turísticas un servizo de consultoría gratuíto para a obtención e/ou mantemento de ambos distintivos. Se estás interesado no proceso de obtención dos distintivos, podes recibir máis información consultando coa secretaría técnica do Clúster de Turismo a través do correo electrónico: secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou do teléfono 881 24 74 36.

11 de Xuño de 2024

Aberta a convocatoria de axudas para a consecución e/ou renovación da Q de Calidade e da S de Sostibilidade Turística

Concedidas en réxime de concorrencia competitiva, a partida está dotada con 210.000 €, dos cales 160.000 € corresponden ás entidades privadas. A convocatoria está aberta ata […]
30 de Maio de 2024
Clúster Turismo Galicia Jornadas Inversas Toledo

O Clúster acerca Galicia ao mercado europeo nas Xornadas Inversas en Toledo

O evento acolleu a máis de 70 operadores turísticos de toda Europa O Spain Tourism Summit 2024, celebrado entre o 20 e 23 de maio en […]
30 de Maio de 2024
Jardins jardin, evento jardineria turismo mice lujo parís

O Clúster representa ao sector luxo e MICE de Galicia na última edición do salón Jardins, Jardin, que se celebra do 29 ao 2 de xuño en París

O evento, referente en materia de xardinería, deseño e espazos verdes, celebra o seu 20º aniversario no parque da Villa Windsor Galicia participará no espazo “Xardín […]
30 de Maio de 2024
Bonos Turísticos Xunta Galicia 2024

Volven os Bonos Turísticos de Galicia impulsados pola Xunta

Poñeranse en circulación 16.000 novos bonos cun importe de 150€ cada un O período para trocalos será desde o 10 de setembro ata o 25 de […]