destacados

  • A estancia media foi de cinco días e o prezo medio por noite foi de 118 euros

 

A ocupación nos establecementos de aloxamento galegos en agosto foi do 75,7%, segundo os datos rexistrados polo Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento, SIMADA, do Clúster de Turismo de Galicia.

 

Segundo a información de SIMADA, ao longo do mes superouse o a porcentaxe do 80% en diferentes xornadas con picos de máis do 86%. Respecto a duración das estadías, a media foi de cinco días e o prezo medio por noite situouse nos 118 euros, aínda que se acadaron os 130 euros.

 

Respecto á orixe das persoas que nos visitan, o 76% son de procedencia nacional e preto dun 23% internacionais. En canto aos países de orixe dos viaxeiros internacionais, en primeiro lugar está Portugal, seguido Reino Unido, Italia e Francia.  No caso dos viaxeiros nacionais, Madrid é a Comunidade de orixe maioritaria, seguida de Galicia, País Vasco, Castela e León e Cataluña.

 

  • As cifras superan en boa medida as rexistradas durante o pasado mes de xullo, no que a media de ocupación foi do 64%

 

As cifras de agosto superan en boa medida as rexistradas en xullo, mes no que a porcentaxe de ocupación situouse en preto do 64%, con picos que superaron o 86% na ponte do Apóstolo. A estancia media do pasado mes de xullo, foi medio punto máis baixa que en agosto, con 4,5 noites e o prezo medio por noite situouse en preto de 91 euros, con noites que superaron os 100 euros.

 

Respecto á procedencia, a maioría dos visitantes, máis do 74% foi de orixe nacional e máis do 24% nacionais. Os países de orixe maioritarios dos viaxeiros de xullo foron Portugal, Polonia, Reino Unido e Alemaña e no caso dos visitantes de orixe nacional, á cabeza está o turismo de interior, o dos propios galegos, seguido do procedente de Madrid, Castela e León, Andalucía e Cataluña.

01 de Setembro de 2025

A ocupación media nos aloxamentos galegos en agosto supera o 75%

A estancia media foi de cinco días e o prezo medio por noite foi de 118 euros   A ocupación nos establecementos de aloxamento galegos en […]
04 de Agosto de 2025

Xa se poden consultar os datos turísticos do primeiro semestre de 2025

Galicia consolida un crecemento sostible e unha tendencia cara á desestacionalización   Os datos publicados a semana pasada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman a […]
29 de Xullo de 2025

O Carné +65 continúa a medrar e xa conta con preto de 900 establecementos hoteleiros adheridos en Galicia

O Semáforo de Fisterra acolleu a semana pasada un acto de presentación no que participaron a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o […]
17 de Xullo de 2025

A aposta pola internacionalización do destino Galicia, a consolidación de diferentes produtos turísticos e o peche da Estratexia de Turismo 2030 centraron a actividade do Clúster en 2024

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada o xoves 17 de xullo en Santiago, fixo balance das actuacións do pasado ano e informou das […]