destacados

Turismo de Galicia repartirá un total de 500.000 euros para a dixitalización, mellora das instalacións e aumento da eficiencia enerxética dos establecementos beneficiarios.

 

Este luns, 8 de agosto, finaliza o prazo para solicitar as axudas convocadas pola Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia para acometer investimentos destinados a modernizar, dixitalizar e mellorar a eficiencia enerxética dos albergues turísticos privados. A convocatoria está dotada cun orzamento total de 500.000 euros e cada beneficiario poderá recibir unha subvención do 80 % do investimento previsto ata un máximo de 6.000 euros.

 

Entre os gastos que poderán sufragarse a través deste programa de axudas figuran a instalación de sistemas domóticos e de eficiencia enerxética, como recuperadores de calor, sistemas de arrefriado gratuíto, paneis solares para autoconsumo, puntos de recarga para vehículos eléctricos, renovación de equipos por outros de menor consumo,  ademais de melloras de illamentos térmicos e sonoros, renovación de rótulos, e adquisición e posta en funcionamento de sistemas de control presencial, cartelería electrónica e notificacións a través de telefonía móbil.

 

Microempresas e pemes son os destinatarios desta convocatoria da que están excluídas os albergues de peregrinos de titularidade pública, os establecementos que forman parte da rede de albergues xuvenís e aqueles negocios dedicados ao aloxamento en salas colectivas por motivos escolares, educativos ou sociais. Ademais, os aspirantes deben estar rexistrados no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta.

06 de Agosto de 2022

Acaba o prazo para solicitar as axudas para a modernización de albergues turísticos

Turismo de Galicia repartirá un total de 500.000 euros para a dixitalización, mellora das instalacións e aumento da eficiencia enerxética dos establecementos beneficiarios.   Este luns, […]
04 de Agosto de 2022

Nova imaxe para o turismo rural galego

Unha xanela, un paxaro e unha estrela, elementos crave da renovada imaxe corporativa de Fegatur, que tamén estreou vídeo promocional.   A Federación Galega de Turismo […]
30 de Xuño de 2022

O enoturismo albisca o final da crise provocada pola pandemia

O informe das Rutas do Viño de España constata que o número de visitantes durante o ano pasado duplicou a cifra do 2020.   O impacto […]
29 de Xuño de 2022

Aprobado o proxecto “A Coruña, sostible e dixital”

A Conferencia Sectorial de Turismo deu o visto e prace a este Plan de Sustentabilidade Turística en Destino presupostado en 3 millóns de euros.   O […]